
O Concello de Baiona abre desde este martes, 14 de xaneiro, ata o 4 de febreiro, ambos inclusive, o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2020.
Todas aquelas persoas que o dexesen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada, que este año cumpre a súa 25 edición e na que se conmemora o 527 Aniversario da Arribada. A Festa celebrarase o 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020, sendo o venres 28 de febreiro festivo local en Baiona.
As bases e os anexos de solicitude, segundo informa a Concellería de Cultura, poderanse descargar na páxina web do Concello desde este martes. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase o seguinte teléfono de consultas (617447279) de luns a sábado en horario de mañá (8:30 a 12:30 horas) e polas tardes de luns a venres (de 16:00 a 19:00 horas). Para máis información xeral da festa poñerse en contacto co departamento de Cultura de Baiona (986385921).
A organización da festa porá a disposición dos artesáns, 70 tenderetes do Concello, que serán sorteados de entre todas las solicitudes, o sábado 8 de febreiro ás 11:00h no Salón de Plenos e posteriormente colocados e numerados nas rúas peonís do recinto histórico medieval da Arribada. Ademais da adxudicación dos postos de establecementos e gremios da vila, así como dos postos propios que o soliciten formalmente.
«A organización da festa xa está traballando para que o 527 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, por todo o alto», apunta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.