• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 25 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Plan Concellos da Deputación financiou en dous anos 748 obras na provincia

    López Font: “Ningún Concello (sexa do signo político que sexa) quere volver ao modelo de Louzán e nós tampouco, porque o caciquismo non se combate con máis caciquismo, senón con equidade e transparencia”
    Redacción por Redacción
    02 de Ene, 2020
    en Actualidad
    0
    O Plan Concellos da Deputación financiou en dous anos 748 obras na provincia

    O deputado de Economía e Facenda, Carlos López Font, durante a rolda de prensa. / Foto: Deputación

    O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra financiou durante as anualidades de 2018 e 2019 un total de 748 obras na provincia de Pontevedra, fixo posible a realización de 461 actividades socioculturais nos concellos, ademais do pronto pago a provedores e, finalmente, significou a contratación de 2.007 persoas desempregadas para a xestión de servizos municipais. Os datos foron proporcionados polo deputado de Economía e Facenda, Carlos López Font.

    O deputado Font afirmou que o 90% da obra pública que se executou na provincia de Pontevedra nos municipios de menos de 50.000 habitantes neste período foi financiada pola Deputación principalmente a través do Plan Concellos e, en menor medida, polos plans extraordinarios de reequilibrio para compensar a situación dos que non tiñan recibido investimento provincial algún ata o ano 2015, data na que se produciu o relevo na Presidencia da institución. “O Plan Concellos é a espiña dorsal da obra pública nesta provincia”. “Converteuse”, remachou, “na medida do éxito na xestión dos alcaldes e alcaldesas, porque boa parte do que se fai nun concello finánciase con este instrumento”.

    López Font compareceu para render contas das convocatorias conxuntas dos anos 2018 e 2019 e así destacou que no marco deste instrumento executáronse obras que melloraron a calidade de vida da veciñanza de toda a provincia en materia de infraestruturas, saneamento, abastecemento de auga, urbanizacións, pavimentacións rurais e mellora de edificios municipais. Ademais, adquiríronse bens e equipamentos polos concellos e realizáronse actuacións culturais, deportivas ou sociais. Fíxose o posible o cobro por parte de provedores que, doutro xeito, tardarían moito máis en ver satisfeitas as súas facturas e, finalmente, traduciuse na sinatura de máis de dous milleiros de contratos para persoas desempregadas que desempeñaron traballos de administrativos/a, peóns de obra pública, socorristas de praia e/ou piscinas, electricistas, fontaneiros/as, albaneis, informáticos/as, carpinteiros/as, persoal de información turística e técnicos/as de todo tipo nos seus respectivos concellos.

    O deputado subliñou que o balanzo dos Plans Concellos 2018 e 2019 debe ser global porque as dúas anualidades foron convocadas conxuntamente de xeito excepcional pola Deputación para atender aos efectos provocados pola vaga de lumes producida no outono de 2017, unha situación de emerxencia que provocou numerosos danos e prexuízos en gran parte do territorio provincial. Deste xeito, a convocatoria estivo dotada cun total de 85,6 millóns de euros (42,2 millóns correspondentes a 2018 e 43,4 millóns a 2019).

    López Font subliñou que o Plan Concellos, creado en 2016 pola Deputación de Pontevedra, fixo posible obras e contratos que doutro xeito serían imposibles para os municipios desta provincia (todos os de poboación inferior aos 50.000 habitantes), especialmente os máis pequenos. Neste senso engadiu que o operativo proporciona un financiamento asegurado que, na meirande parte constitúe todo o capítulo 6 (investimentos) e boa parte do 2 (gasto corrente). “Un financiamento apartidista, equilibrado e igualitario en función das características da nosa provincia”, recalcou.

    O deputado responsable das Contas provinciais recalcou que o Plan Concellos é un sistema de transferencias regradas aos concellos que en só tres anos converteu á Deputación de Pontevedra na que máis cartos transfire aos concellos en toda España. Segundo datos oficiais do Ministerio de Hacienda, un 30% dos recursos totais provinciais acaban nas arcas municipais, moi por enriba da media estatal de transferencias, que está nun 17 % e moito máis por enriba aínda da porcentaxe que transfire a Deputación de Ourense, que queda nun 0,06%. “Quero recalcar que dende que Carmela Silva é presidenta, os concellos reciben o que lles corresponde de xeito regrado”, subliñou Font. “O señor Louzán decidía, licitaba e contrataba a dedo, é dicir, por resolución presidencial; agora hai transferencias e a presidenta nin se inmiscúe nin decide as obras que realiza cada concello”. López Font destacou que a importancia do Plan Concellos non é só cualitativa, senón mesmo cuantitativa, pois en 2018 supuxo un investimento que superou nun 75% ao realizado no ano 2015, último Orzamento provincial aprobado polo Partido Popular co “modelo Louzán”. A diferencia creceu ata o 77,5% durante o ano 2019.

    O deputado recalcou que o Plan Concellos é especialmente sensible cos concellos máis pequenos e rurais porque reparte os seus fondos en base á poboación, extensión e dispersión territorial. Así explicou que dos 85,60 millóns de euros totais das dúas anualidades, 38,05 millóns de euros foron para os municipios de menos de 10.000 habitantes, que son os que máis recibiron. Os de entre 10.000 e 20.000 habitantes recibiron 29,4 millóns e, finalmente, entre os máis grandes, con máis de 20.000 habitantes repartíronse 18,15 millóns de euros. “Queda claro que o PP minte cando di que se inviste menos nos concellos mais pequenos, porque é todo o contrario”.

    Durante a súa exposición debullou os resultados das dúas anualidades e destacou que o instrumento provincial permitiu tamén aos concellos utilizar os 1,3 millóns euros produto das baixas nas adxudicacións de obras e servizos neste período. “Antes, co modelo Louzán, o presidente quedaba coas baixas; agora ningún concello tivo que devolver recursos á Deputación por este concepto e disporán ata setembro de 2020 para empregalos en novos investimentos”, recalcou. Como exemplos indicou que hai concellos que están utilizando “ata o último céntimo” para compra de mobiliario, actuacións en materia de accesibilidade, mellora enerxética ou pequenas obras.

    “Non hai ningunha alcaldesa ou alcalde (con independencia do signo político) que queira volver ao modelo de Louzán”, concluíu López Font, quen engadiu que o PP xa non quixo responder durante os plenos de aprobación dos Orzamentos á pregunta sobre se defende recuperar o anterior modelo. “E nós tampouco, porque o caciquismo combátese con equidade e transparencia, non con máis caciquismo”, continuou, “máis aínda, existe unanimidade na necesidade de que a Xunta se sume ao financiamento municipal con criterios equivalentes aos do Estado e da Deputación”.

    O deputado destacou que máis alá do debate político oportunista “os concellos da provincia de Pontevedra son maiores de idade dende o 1 de xaneiro de 2016, data de entrada en vigor do Plan Concellos”. Na súa opinión, a Deputación de Pontevedra é hoxe “un instrumento ao servizo dos concellos” e a “responsabilidade última na escolla das obras e actuacións e na súa execución é das xestoras e xestores municipais dos fondos que nós poñemos para que poidan despregar políticas de proximidade e útiles contra o despoboamento rural”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Actualidad

    Declarado un incendio en Avión: Galicia tiene tres fuegos activos, todos en la provincia de Ourense

    25 de Ago, 2025
    El buen humor y el disparate, ganadores absolutos del ya clásico Flota como poidas
    Nigrán

    El buen humor y el disparate, ganadores absolutos del ya clásico Flota como poidas

    25 de Ago, 2025
    El negocio de las líneas aéreas
    Más Vigo

    El negocio de las líneas aéreas

    25 de Ago, 2025
    De nuevo las nieblas
    Más Vigo

    De nuevo las nieblas

    25 de Ago, 2025
    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques
    Comarcas

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques

    25 de Ago, 2025
    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE
    Local

    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE

    25 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo habilitará 38 catres para personas sin techo en el pabellón del Berbés

    «Me siento desamparado y no sé qué hacer. ¿Cómo es posible que no tenga seguro un gimnasio municipal?»

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El negocio de las líneas aéreas
    Más Vigo

    El negocio de las líneas aéreas

    El aeropuerto de Vigo compite con el de Santiago de Compostela, con el de A Coruña y con el de...

    por Julio Alonso
    25 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR