• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 28 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Arte e música para a mostra “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”

    O museo vigués acolleu a presentación dunha das accións da Deputación ao abeiro do 25 de novembro
    Redacción por Redacción
    16 de Nov, 2019
    en Arte
    0
    Arte e música para a mostra “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”

    Coa presenza de colectivos da cultura da cidade e asociacións de mulleres, o acto estivo cheo de arte, imaxe e música no Museo MARCO nunha presentación que serviu de arranque á programación impulsada polo goberno provincial para conmemorar o 25-N. Ata a sala, acudiron membros do goberno provincial, do goberno local e público en xeral que recibiron un exemplar do catálogo como agasallo. O evento deu comezo coa peza “Sen dúbida” da música Silvia Penide, quen tamén pechou o evento con “Reventaba”. A xornalista Teresa Cuiñas foi a encargada da condución do evento e dar paso a un book trailer de “Mulleres do Silencio” que permitiu apreciar tanto á exposición, como ás artistas e ás súas principais obras.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que vivimos unha “revolución cultural que estamos a vivir en todos os eidos da cultura e que ten nome de muller na poética, na narrativa, na pintura, no cinema, no teatro e, sen embargo, a maioría da sociedade non coñece os seus nomes. As mulleres sempre estivemos invisibilizadas e por iso precisamos escribir para deixar unha proba viva do traballo das mulleres e unha pegada para sempre, porque o que non se nomea non existe e o que non se escribe non queda na memoria. Agardo que en tempos vindeiros alguén atope este catálogo e recoñeza nel ás grandes mulleres e grandes obras que deixaron”. Ademais, a presidenta insistiu na importancia deste catálogo para ter referentes femininos: “a sociedade precisa unha mirada lila, que conte coas mulleres, porque se o 52% da poboación non está presente todas e todos somos tortas e tortos xa que soamente temos unha mirada masculina e precisamos mirar cos dous ollos para poder transformar a sociedade”.

    Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a importancia de presentar o catálogo no MARCO, “neste lugar de memoria e transcendencia, que foi unha forma de recuperar, manter e lanzar a historia a través do presente buscando un extraordinario futuro”. Tamén manifestou o compromiso da cidade co feminismo, “especialmente nestes tempos nos que o feminismo e a igualdade estanse a atopar con freos, insultos, intentos de degradación, dende forzas políticas que presumen de levar adiante movementos sociais. E esas forzas políticas deben desaparecer para sempre. Este libro é un berro contra as ditaduras e contra os que nos intentan oprimir”. Tamén adiantou que “en moi pouco tempo as artistas do catálogo terán unha rúa ou espazo público, ao igual que o teñen xa Maruja Mallo e Julia Minguillón”.

    Pola súa banda a comisaria Rosario Sarmiento destacou “que despois de tres anos volvemos aquí, ao punto de partida, ao MARCO, co catálogo que recolle un arduo traballo de investigación de case dous anos”. Sarmiento insistiu na importancia de apostar pola formación “para garantir a profesionalidade” pero reivindicou que “pese a ser un 70% as mulleres que rematan Belas Artes e un 30% os homes, cando acceden ao mercado laboral as cifras cambian porque o sistema do poder da arte segue marcado pola invisibilidade e escasa presenza das mulleres”.

    Tamén tivo a oportunidade de amosar a súa opinión unha das mulleres artistas, Almudena Fernández, que incidiu na necesidade de escribir textos sobre mulleres artistas “como único xeito de facer historiografía. Sempre houbo mulleres artistas, pero soamente pasan o filtro cando se escribe sobre elas e a ausencia de mulleres artistas na historia significa a falta de referencias positivas para as artistas novas”.

    A Deputación de Pontevedra editou 1.000 exemplares do catálogo “Mulleres do silencio” co obxectivo de visibilizar o talento das artistas galegas do século XX, oculto pola sociedade androcéntrica. O catálogo, de 175 páxinas, está baseado na exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017 na que se deu a coñecer a obra e traxectoria de 19 artistas galegas vinculadas á pintura. O coidado catálogo recolle unha reseña bibliográfica, en galego e castelán, e imaxes dalgunhas das obras máis representativas de Maruja Mallo, Julia Minguillón, M.ª Victoria de la Fuente, Elena Fernández-Gago, Fina Mantiñán, Beatriz Rey, M.ª Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Elena Colmeiro, Soledad Penalta, María Xosé Díaz, Menchu Lamas, Rosalía Pazo Maside, Berta Cáccamo, Pamen Pereira, Ángela de la Cruz, Mónica Alonso, Almudena Fernández Fariña e Tatiana Medal. A obra divídese en catro bloques, seguindo a propia proposta formulada pola exposición. A través deles faise fincapé en cuestións coma o seu insignificante protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia e o impulso dinamizador que van coñecer as artes plásticas en Galicia e, finalmente, os novos escenarios formativos nos que as nosas artistas comezarán as súas traxectorias nos inicios do século XXI.

    43

    RelacionadosArtículos

    Decenas de personas urgen en Vigo un parque de viviendas e incentivar el alquiler de pisos vacíos
    Local

    Protesta en Vigo tras el fin de la moratoria de desahucios

    28 de Ene, 2026
    Francisco Castro presenta en Vigo su proclama de ‘amor y revolución’
    Música

    Francisco Castro presenta en Vigo su proclama de ‘amor y revolución’

    28 de Ene, 2026
    Trail Adventure Muíños do Folón desvela su piel para 2026 con el 70% de sus dorsales agotados
    Atletismo

    Trail Adventure Muíños do Folón desvela su piel para 2026 con el 70% de sus dorsales agotados

    28 de Ene, 2026
    De Ingrid a Joseph y a Kristin… y tiro porque me toca
    Local

    De Ingrid a Joseph y a Kristin… y tiro porque me toca

    28 de Ene, 2026
    “Estamos contigo”, Borja Iglesias busca al niño que le mostró su apoyo en Balaídos
    Celta

    “Estamos contigo”, Borja Iglesias busca al niño que le mostró su apoyo en Balaídos

    28 de Ene, 2026
    Concierto solidario de la Coral Casablanca
    Más Vigo

    Concierto solidario de la Coral Casablanca

    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Concierto solidario de la Coral Casablanca
    Más Vigo

    Concierto solidario de la Coral Casablanca

    Es preciso darle amplia difusión al concierto solidario que ha organizado la Coral Casablanca, de Vigo. La gala será a...

    por Julio Alonso
    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara rinde tributo a la memoria colectiva en Évame Oroza

    La literatura gallega vuelve a citarse con la historia reciente en el corazón de Vigo. Este 28 de enero, a...

    por Redacción
    27 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR