De feito, 26 traballadores viaxaron este xoves a Barcelona para iniciar ese curso. Foron elixidos pola axencia Manpower entre centenares de peticionarios. O número de empregados ampliarase en datas de maior demanda como o Black Friday, a campaña de Nadal ou as rebaixas de inverno.
Amazon, que dispón de licenza de obra dende o 1 de agosto, está a reformar a antiga nave de Arcelor, que mercou para establecer a central loxística no polígono industrial de Prado-Budiño. Trátase dunha dotación de 1.927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar.