• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 8 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo e Boeing alíanse para a promoción da formación aeroespacial

    A colaboración abrangue desde a creación dun laboratorio ata prácticas para o alumnado no marco do proxecto da Civil UAVs Initiative 'SkyWay'
    Redacción por Redacción
    18 de Sep, 2019
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A Universidade de Vigo e Boeing alíanse para a promoción da formación aeroespacial

    O acordo forma parte do Proxecto SkyWay, a achega de Boeing ao Civil UAVs Initiative da Axencia Galega de Innovación, con financiamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea. Tras a súa sinatura, o reitor da Universidade de Vigo destacou como este convenio constitúe unha liña de acción “importante dende logo para nós como institución” pero tamén “unha liña importante para o país”.

    Así, Manuel Reigosa recalcou a importancia da colaboración público-privada no “ecosistema de innovación e desenvolvemento”. “O convenio que vimos de asinar agora vai a axudar a todo este ecosistema, vai a permitir que haxa máis talento en circulación”, afirmou. Sobre as accións que contempla o acordo, o reitor fixo fincapé en que “parécenos importantísimo que os nosos estudantes teñan unha entrada no mundo da empresa, que poidan facer traballo real en empresas punteiras”, lembrando como este curso académico a Universidade de Vigo “porá a disposición da sociedade” a primeira promoción de titulados e tituladas do Grao de Enxeñaría Aeroespecial formada nas súas aula.

    Pola súa banda, José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology-Europe, agradeceu á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia as súas contribucións “á tecnoloxía aeroespacial e do futuro”. Concretamente sobre a Civil UAVs Initiative na que se enmarca o acordo asinado, apuntou como “é un proxecto clave para Boeing en Europa e reforza o compromiso da compañía coa industria e centros de investigación galegos no desenvolvemento de tecnoloxía para o futuro da industria aeroespacial”. Recalcando a importancia que tamén ten neste proxecto a aposta pola formación e o impacto social, José Enrique Román salientou como “a Universidade de Vigo é un referente sen dúbida non só en Galicia senón no contexto español e europeo” e como “nos ilusiona contribuír a profundar na aprendizaxe e o éxito dos seus estudantes”.

    Por último, Francisco Conde destacou no acto que «este acordo que nace no marco do Polo Aeroespacial de Galicia supón un fito no ámbito da colaboración público-privada e contribuirá a que a nosa comunidade siga adiante no seu obxectivo de ser referente da industria aeroespacial». O conselleiro tamén salientou como “hai un futuro apasionante no ámbito industrial e no ámbito aeronáutico e desde logo Galicia quere participar e quere xogar un papel activo nesas solucións e iso significa formación e un traballo conxunto entre o tecido produtivo e os centros de coñecemento”. 

    O acordo
    O obxectivo do acordo é “promover o desenvolvemento de competencias profesionais no alumnado universitario; mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación”.

    O convenio contempla cinco liñas de actuación. A primeira delas é a dotación de material para a creación nos vindeiros meses dun laboratorio destinado ao estudo de actividades aeroespaciais que se denominaría Boeing-Lab e que estaría ubicado nas instalacións da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. A modo de exemplo, o material de laboratorio podería incluír ordenadores destinados á computación, software de investigación e análise, simuladores de tráfico e/ou voo, etc.

    Ademais, a colaboración abrangue a organización de xornadas de difusión conxuntas centradas na tecnoloxía aeroespacial; promover o Premio Boeing ao mellor expediente académico nos diferentes títulos da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; a oferta de prácticas na empresa para o alumnado deste centro e a proposta por parte de Boeing de liñas de actividade relativas a traballos fin de grao, mestrado ou doutoramento. Para estas accións, Boeing achegará en 2019 e 2020 un total de 50.000 euros.

    No marco do Proxecto SkyWay
    A iniciativa, explicouse na súa presentación, xorde no marco do Proxecto SkyWay. Segundo explican desde Boeing, en 2018 o seu Centro Europeo de Investigación e Tecnoloxía (Boeing Research & Technology-Europe) resultou adxudicatario do proxecto lanzado pola Xunta de Galicia baixo a fórmula de compra pública pre comercial para abordar a Xestión e seguridade de tráfico para espazos aéreos compartidos dentro do marco da Civil UAVs Initiative.

    O principal obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que permitan avances nos retos operativos e de seguridade que implica o despregamento de sistemas non tripulados en espazos aéreos compartidos. A posta en marcha deste proxecto inclúe unha serie de actividades clave no marco socio-económico para a rexión segundo os seus promotores.

    Neste senso, indican desde a entidade, “Boeing aposta polo ensino para os máis novos en materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, a realización de talleres aeronáuticos orientados a mozos en idades escolares e colaboracións con universidades e clústers aeronáuticos”.

    Mestrado e universidade privada
    A preguntas das xornalistas, o reitor falou trala sinatura do convenio do estado de tramitación do Mestrado de Aeroespacial e de IESIDE. Sobre o primeiro dos puntos indicou que “non hai novidades” e como “nós seguimos na nosa posición institucional”. Sobre a posibilidade de que a Universidade da Coruña conte co seu propio mestrado neste eido o reitor indicou que “entendo que non se poden pór a estas alturas dúas titulacións semellantes en dúas universidades do Sistema Universitario de Galicia, creo que sería mal precedente e que ademais non está nin na idea da Xunta nin nos acordos que se negociaron. Eu entendo que sexa como sexa, a titulación vaise impartir en Ourense”.

    Sobre IESIDE, o reitor dixo que “estamos negociando sen ningún tipo de problema cos xestores de IESIDE para que a súa desadscrición se faga nos termos previstos inicialmente no convenio”. “Entendemos que as titulacións da Universidade de Vigo son da Universidade de Vigo e entendemos que as titulacións que se implanten dentro da eventual universidade privada serán titulacións que cumpran exquisitamente as regulamentacións e as leis e que polo tanto sexan titulacións novas e complementarias ao sistema universitario público”, afirmou Reigosa.

    43

    RelacionadosArtículos

    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo
    Local

    La Xunta convoca un concurso de ideas para ampliar el Museo do Mar e integrar una villa romana

    08 de Nov, 2025
    A partir de 2026 tendrás que salir al mar con el móvil y declarar incluso tu día de pesca nulo
    Actualidad

    A partir de 2026 tendrás que salir al mar con el móvil y declarar incluso tu día de pesca nulo

    08 de Nov, 2025
    Escogen Vigo para demostrar que la diabetes no está reñida con la vida activa
    Actualidad

    La Diputación de Pontevedra moviliza el Camino de Santiago como motor del turismo en las Rías Baixas

    08 de Nov, 2025
    Dos Premios Nobel lideran la cumbre que diseña desde Vigo el futuro económico mundial
    Local

    Dos Premios Nobel lideran la cumbre que diseña desde Vigo el futuro económico mundial

    08 de Nov, 2025
    Un icono de la Navidad de Vigo vuelve con cena gourmet y un Grinch sorpresa
    Local

    Un icono de la Navidad de Vigo vuelve con cena gourmet y un Grinch sorpresa

    08 de Nov, 2025
    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui
    Tui

    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui

    08 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR