O Concello colabora coa aportación dunha carpa e de diversos subministros para a celebración da proba e atención ós participantes. A previsión do club Furaventos é que a competición reúna ós mellores pilotos nacionais de drons coma Iván Merino, actual líder do ranking español, e Alex Zamora, quen acadou o título de campión de España ós dez anos.
As probas comezarán o sábado a partires das 11.00 horas coas mangas cronometradas e concluirán o domingo coas eliminatorias e finais e a mediodía coa cerimonia de clausura.