Segundo o colectivo, os danos son “moi visibles” no valado da pista de patinaxe. Ademais, a pista está sen valado nun tramo e noutros atópase deteriorado, o que ao seu xuízo pode supor “un perigo para a veciñanza”, especialmente para os máis pequenos. Tamén apuntan a problemas nalgún tramo do peche do parque público.
A asociación xa se dirixiu por escrito ao Concello de Vigo en tres ocasións por este motivo. Logo do primeiro contacto realizáronse o que os veciños consideran “uns traballos mínimos de reposición” do valado da pista de patinaxe, pero que “non deixaron o valado no seu estado orixinal e de feito agora os danos continúan”.
“Non entendemos como desde o Concello non se realizou unha inspección da ETEA, logo de finalizar os traballos de limpeza e a corta das árbores, para comprobar que non había danos e habendo danos obrigar á empresa a reparalos”, conclúe a asociación.