• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 27 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Encontro de Embarcacións Tradicionais na Guarda iniciouse co izado de velas

    Autoridades, organizadores, veciños e visitantes gozaron dun percorrido polo recinto feiral e un paseo a bordo dunha das embarcacións
    Redacción por Redacción
    11 de Jul, 2019
    en A Guarda
    0
    O Encontro de Embarcacións Tradicionais na Guarda iniciouse co izado de velas

    Aínda que a inauguración oficial non empezaba ata as oito da tarde, as autoridades foron convocadas pola organización dúas horas antes para unha visita guiada ao recinto expositivo e unha travesía a bordo dunha das embarcacións participantes. O alcalde da Guarda e os presidentes de Culturmar e Piueiro acompañaron na visita á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e aos deputados Carlos López Font, Ana Laura Iglesias e Iria Lamas, así como á directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, representantes todos das institucións que fixeron posible que o Encontro deste ano inclúa numerosas actividades lúdicas e culturais para todas as idades.

    Da importancia da festa como elemento dinamizador e divulgador do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia falou na súa intervención o presidente de Culturmar, Manuel García Sendón. Pola súa banda, Joaquín Cadilla, presidente da Asociación Piueiro, emocionouse ao agradecer a voluntarios e veciños o enorme esforzo realizado nas últimas semanas para que a edición deste ano na Guarda sexa inesquecible para todos os participantes.

    General barcos

    A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, destacou o importante patrimonio marítimo e cultural que ofrece A Guarda e toda Galicia, e agradeceu a Culturmar súa defensa e salvagarda a través do estudo e difusión á sociedade con eventos como o inaugurado hoxe. Neste sentido, lembrou que a Consellería de Cultura e Turismo realizou unha importante achega económica para a celebración do Encontro.

    O deputado da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, destacou o evento como modelo de turismo sustentable: “Para a Deputación de Pontevedra, a conservación e impulso do noso patrimonio cultural e natural é unha das apostas fundamentais e, neste campo, a cultura marítima e as embarcacións máis singulares de Galicia, como as que temos hoxe aquí, son realmente importantes para conseguilo. E, non só iso. Esta iniciativa cultural tamén é, sen dúbida, un gran elemento de atracción turística á nosa provincia».

    Font subliñou o feito de que o evento «fomenta un turismo sustentable e de coidado co medio ambiente que, como saben, é un dos eixos principais que enfrontaremos nesta nova lexislatura na Deputación de Pontevedra, e polo que traballamos a diario. Esta é unha oportunidade excelente para dar a coñecer as marabillas da nosa provincia e desta vila da Guarda», concluíu.

    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, falou na súa intervención do plan de acción da Xunta: «En Galicia desfrutamos da importante presenza de elementos patrimoniais e etnográficos ligados ao ámbito marítimo-pesqueiro, un patrimonio que é preciso conservar. Por iso, estase a integrar nun plan de acción único da Xunta con catro obxectivos: recompilar a presenza dos elementos culturais, patrimoniais e etnográficos, analizar o seu estado de conservación, promover a súa protección e consolidación e atopar a fórmula de financiación adecuada para o seu desenvolvemento».

    Esta iniciativa, continuou, «complementará a declaración como ben de interese cultural do patrimonio cultural inmaterial de Galicia das técnicas construtivas da carpintería de ribeira, que protexe o Decreto 52/2019, de 9 de maio. É a materialización do compromiso social e profundo de Galicia por defender todas as manifestacións, materiais e inmateriais, da cultura vencelladas ao mar, aos ríos e aos valores naturais de Galicia».

    E por último, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou os valores da villa e dos propios guardeses: «A Guarda é unha vila deleitada no mar bravo, aberto. Unha vila que nace e vive ao carón do mar. Durante toda a nnosa historia, inclusive cando os nosos antepasados castrexos habitaban o alto de Santa Trega, vivimos unha relación íntima co mar, aproveitando os seus recursos e xerando arredor desta relación unha gran riqueza patrimonial, material e inmaterial. Unha pequena mostra dela podémola ver exposta no Museo do Mar, admirámola non fai moito tempo nas distintas Mostras das Tradicións Mariñeiras e en distintas iniciativas de recuperación do patrimonio que realizamos na vila».
    Lomba sinalou que «nestes días coa vila engalanada con retazos do noso  patrimonio, co volanteiro no muelle alto e sendo o epicentro da cultura marítima Galega con este Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, os veciños e veciñas da Guarda estámos volcados e ilusionados con este evento de valorización e promoción do patrimonio marítimo».

    O alcalde tamén agradeceu o enorme labor feito por Culturmar e pola Asociación Piueiro, agardando que esta edición «sexa todo un éxito en todolos aspectos».

    general acto

    Tras os discursos, a foto de familia deste ano foi igual de singular que a vila que acolle o Encontro. Autoridades e organizadores pousaron no porto cun fondo de embarcacións coas bandeiras izadas para marcar o inicio da festa.

    Xa pola noite, os asistentes difrutaron co concerto do cantautor guardés Tino Baz, que estreou un disco de homenaxe a Rosalía de Castro: «Se cantan, é ti que cantas». Baz, recoñecido mestre de gaita e pandeireta, conta cun amplo repertorio, froito das súas propias creacións e de particulares adaptacións de pezas populares, así como da musicalización de poesías de Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Bernardino Graña. O artista, que triunfou na primeira noite do Encontro, cantou varios temas co acompañamento de «Cantares do Brueiro», un grupo formado por 35 persoas de todas as idades que xurdiu dun taller de música tradicional galega que dirixe o propio autor. Sen dúbida, un broche de ouro para a primeira xornada do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

    Este venres as actividades comezarán á primeira hora coa navegación inclusiva de «Ou mar para tod@ s» e continuarán coa presentación de » As marcas dos mariñeiros da Guarda», un concerto a cargo de Deixa Andar, e un festival músico-poético galego-portugués, entre outras moitas actividades.

    43

    RelacionadosArtículos

    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    La Diputación lleva este martes a Mondariz-Balneario una jornada de cuentacuentos sobre las Cantareiras

    27 de Jul, 2025
    El Puerto de Vigo recibe la escala 150 del gigante «Independence of the Seas»
    Marítima

    El Puerto de Vigo recibe la escala 150 del gigante «Independence of the Seas»

    27 de Jul, 2025
    El «Yess Too» de Rui Ramada, el mejor en el medio siglo del Trofeo Conde de Gondomar
    Náutica y Vela

    El «Yess Too» de Rui Ramada, el mejor en el medio siglo del Trofeo Conde de Gondomar

    27 de Jul, 2025
    El Galicia Fest será la última parada gallega de Hey Kid
    Música

    El Galicia Fest será la última parada gallega de Hey Kid

    27 de Jul, 2025
    Herido grave el piloto de una moto tras chocar contra un turismo que realizaba un cambio de sentido
    Redondela

    Herido grave el piloto de una moto tras chocar contra un turismo que realizaba un cambio de sentido

    27 de Jul, 2025
    Un gran incendio forestal en Portugal amenaza con saltar a Galicia y otro es visible desde Vigo
    Sucesos

    Un gran incendio forestal en Portugal amenaza con saltar a Galicia y otro es visible desde Vigo

    27 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último lujo
    Más Vigo

    El último lujo

    Muchas personas pasan la vida soñando con lujos inalcanzables, con unos lujos y privilegios entre los que se encuentran casas...

    por Julio Alonso
    26 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados
    Opinión

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados

    Este 26 de julio se cumplen 150 años del nacimiento de uno de los personajes más influyentes de la Generación...

    por Cristina Lorenzo
    26 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR