«Trátase de camas modernas, eléctricas, que permiten maiores prestacións que as actuais e, en consecuencia, son máis cómodas para os pacientes e manexables para o persoal. Nesa licitación se contempla tamén a adquisición 25 camas, 25 mesillas e 25 sillóns para o hospital Álvaro Cunqueiro, por un importe de 110.412 euros», explica o Sergas nun comunicado de prensa.
Con esta nova contratación, o Servizo Galega de Saúde apunta que avánzase «na reforma integral do Meixoeiro, co obxecto de modernizar e potenciar ese centro». Tamén indica que «cómpre lembrar que estanse desenvolvendo as obras de adaptación funcional das Unidade de Mama, Medicina Nuclear e Radioterapia do Meixoeiro nas que se invisten catro millóns de euros».
A Unidade de mama ampliará e integrará os recursos diagnósticos da mama da área de Vigo, tanto os de cribado poboacional como os de diagnóstico hospitalario, polo que vanse duplicar os espazos actualmente dispoñibles.
En canto ás obras de Medicina Nuclear e da Unidade de Oncoloxía Radioterápica, sinalan que tamén teñen por obxecto a ampliación dos espazos e unha mellora da distribución dos dispositivos e dos circuítos de atención.
«O Novo Meixoeiro»
O Sergas apunta que nos últimos meses, o Hospital Meixoeiro ven de «experimentar un forte pulo en canto a investimentos e novas dotacións, o que ratifica o seu papel fundamental actual na configuración do CHUVI, así como o maior protagonismo que irá adquirindo, e que o reconverterá nun hospital totalmente renovado, o Novo Meixoeiro”.
Así, entre as próximas actuacións explica que tamén cabe subliñar a reforma da súa envolvente térmica -nos vindeiros días sairá a licitación a obra- para mellorar a cuberta, a fachada e os cerramentos. O obxecto deste proxecto é mellorar a eficiencia enerxética do edificio dacorde coa normativa estatal e europea vixente; controlar o consumo enerxético; posibilitar a introdución de enerxías renovables e edificios sostibles, e contribuír á difusión dunha cultura responsable co coidado do medio ambiente.
Por último, subliña tamén que este hospital ven de dotarse con novas unidades e servizos como a Central de Esterilización, a Área de Lesionados Medulares, o Laboratorio central e o Laboratorio de Microbioloxía. Ademais, incorporouse novos equipamentos tecnolóxicos como un mamógrafo dixital, novos aceleradores lineais e unha ganmacámara para Medicina Nuclear.