• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Mos dedícalle o Pavillón Pena de Francia á atleta Soledad Castro

    As instalacións deportivas municipais acolleron un acto homenaxe na súa honra
    Redacción por Redacción
    19 de Mar, 2019
    en Mos
    0
    Mos dedícalle o Pavillón Pena de Francia á atleta Soledad Castro

    Ademais da homenaxeada, familiares, amigos, e un nutrido público, estiveron presentes o Xxefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

    O acto contou coas actuacións da agrupación musical Argonat Band e de distintos clubes de patinaxe de Mos e supuxo o recoñecemento oficial que dende a administración local se lle fai a esta gran deportista, que comezou xogando nun equipo de fútbol feminino da parroquia de Tameiga, fichando logo polo Abrente e que se iniciou no atletismo aos 19 anos, no Celta de Vigo. En novembro do 1992 fichaba polo Comesaña Sporting Club.

    Sole Castro conta no seu palmarés con numerosas medallas en campionatos a nivel galego e español en campo a través, 10.000 m, 3.000 m e media maratón. Nas competicións internacionais salientan: en 2017 Campioa do Mundo de Media Maratón W-50 na cidade coreana de Daegu, en 2016 Campioa do Mundo de Atletismo de Montaña W50 na localidade de Susa, pertencente á Rexión Piamontesa de Italia, en 2002 Campioa de Europa veterana de 5.000 m e 10.000 m en Potsdam (Alemaña); en 2003 Campioa do Mundo veterana de 10.000 m e Subcampioa do Mundo veterana de Campo a Través e 5.000 m en Carolina (Porto Rico); en 2004 Subcampioa de Europa de 5.000 m e 10.000 m en Århus-Randers (Dinamarca); en 2005 Campioa de Europa W35 de Media Maratón, 2ª xeral en Monte Gordo (Portugal).

    Ademais, Soledad Castro recibiu a Medalla ao Mérito do Concello de Mos no ano 2006 e o 29 de maio de 2017 o Pleno do Concello aprobou, por unanimidade dos seus membros, dedicarlle o Pavillón Pena de Francia poñéndolle o seu nome.

    Sole Castro é enormemente querida na súa parroquia, Dornelas. Esta excepcional muller que naceu un 25 de maio de 1965, é unha persoa inqueda, que pode presumir de excelencia en cada faceta que desenvolve, deportiva, artística, pictórica e literaria. Precisamente foi a artífice da postal oficial do Concello de Mos do Pasado Nadal e onte volveu a agasallar ao Concello cunha obra súa, neste caso unha acuarela do Pazo de Mos. Incluso experimenta con outras disciplinas deportivas e iniciouse na práctica da esgrima.

    Nidia Arévalo, rexedora local mosense, declaraba onte sobre Soledad Castro que “é todo un exemplo de esforzo e superación polo que dende o Concello de Mos quixemos homenaxeala, en recoñecemento dos seus méritos, adicándolle este Pavillón. Sole é unha muller tímida, modesta e menuda que paradóxicamente ten a fortaleza física propia dos deportistas de élite. Non só é Campioa do Mundo, senón que ten un corazón como un mundo e iso é aínda máis importante. É unha gran embaixadora de Mos, un exemplo para todos nós, un espello no que mirarnos e que demostra sempre o orgullo e o cariño que sente polo seu pobo: sempre en contacto coa súa familia e os seus veciños, adorada pola súa parroquia, Dornelas, na que é todo un referente”.

    Arévalo concluiu a súa intervención dándolle as grazas a Sole: “Grazas de corazón, grazas unha e mil veces, por ser un orgullo para Mos, por formar parte da historia deste municipio. Mos recordarate e rendirache homenaxe por sempre”.

    43

    RelacionadosArtículos

    El invierno que quema en la antigua estación de autobuses en Vigo
    Local

    El invierno que quema en la antigua estación de autobuses en Vigo

    16 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026
    Un exedil socialista de Baiona se enfrenta a 11 años de inhabilitación por una supuesta adjudicación ‘a dedo’
    Baiona

    Un exedil socialista de Baiona se enfrenta a 11 años de inhabilitación por una supuesta adjudicación ‘a dedo’

    16 de Ene, 2026
    Nuevo frenazo al proyecto de la Panificadora: el Concello, obligado a dar marcha atrás por un error legal
    Local

    «La realidad alternativa» que crea Caballero para tapar el error que retrasará el proyecto de la Panificadora

    16 de Ene, 2026
    Susto en el enlace del Corredor do Morrazo y la AP9
    Morrazo

    Susto en el enlace del Corredor do Morrazo y la AP9

    16 de Ene, 2026
    Vigo despide su primer lunes de horario invernal con una sublime puesta de sol
    Actualidad

    Las Rías Baixas, destino de astroturismo ante el eclipse solar de 2026

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar
    Más Vigo

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar

    En el mes de mayo de 1995 comenzó a funcionar la empacadora de basuras de Guixar, barrio de la ciudad...

    por Julio Alonso
    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR