Asegura que é completamente falso que os chicos e chicas das Escolas estean sen seguro de accidentes, «pois gozan de cobertura a través dun contrato menor en vigor desde o pasado mes de xaneiro e ata o mes de xuño, ambos incluídos. O concurso público saíu a licitación, quedou deserto e volveré molo convocar pero a denuncia do PP é falsa: os nenos e nenas teñen póliza e están asegurados».
O concelleiro considera inadmisibles estas declaracións do PP, «e do señor Gago en particular, por ser rotundamente falsas e xerar unha gran alarma social. Son miles as familias que participan nas Escolas Deportivas Municipais, é intolerable e esiximos responsabilidades políticas ao señor Diego Gago. Pedimos a súa dimisión: alguén que minte así non pode ser edil neste Concello de Vigo».