Abelairas cualificou de “incomprensible e bochornoso que no momento no que a sociedade más está a loitar pola igualdade, Ángel Rodal permita que un individuo que alardea publicamente de encontros sexuais con menores de idade, que insulta ás mulleres con epítetos irreproducibles, e que nega a violencia machista cando no que levamos de ano xa son nove as mulleres asasinadas, sexa conferenciante da Arribada, ensuciando amais unha Festa Internacional tan importante para a nosa provincia”.
A deputada de Igualdade engadiu que “desde a Deputación pedimos ao goberno municipal de Rodal que reflexione, que cambie a súa decisión e desista da contratación de Sánchez Dragó para non avergoñar a veciñanza de Baiona que non merece isto”. Abelairas lembrou as “obscenas declaracións do escritor para un movemento tan importante como o feminismo cando millóns de mulleres saíron as rúas o pasado 8 de marzo, a súa defensa da prostitución, as súas palabras de respaldo do golpe de estado do réxime franquista e os seus insultos á democracia”. “Cremos, dixo a deputada, que o alcalde de Baiona aínda está a tempo de rectificar e de mostrar que non se sitúa nas terribles trincheiras dos que apelan a nostalxia do peor de séculos pasados. Estou segura, rematou Abelairas que os seus veciños e sobre todo as súas veciñas estarán de acordo”