Concretamente, o estacionamiento estará situado na confluencia das rúas Ramón Nieto e Manuel Álvarez. Así o anunciou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen adiantou que o proxecto contempla un mes de obras desde o seu inicio. O Concello dedicará ao efecto algo máis de 48.000 euros para habilitar os terreos e dispor dun total de 78 prazas, “moi necesarias para a zona”.
O aparcamento terá dous accesos para peóns e outros dous para vehículos, un desde Ramón Nieto e outro desde Manuel Álvarez.
Camiño Redomeira
Por outra banda, o goberno de Vigo tamén aprobará o proxecto de obras de ensanche do Camiño Redomeira, unha vía “irregular” con “casas que entran no camiño” que o Concello pretende “uniformizar” no seu trazado.
Caballero recordou que xa se solucionou un dos estreitamentos existentes e agora se propón ensanchar outro tramo do camiño, cun importe de 48.000 euros.