«Cos preparativos do IV Trofeo Solidario de Nadal xa en marcha e case medio millar de inscritos, o Celta Atletismo recibía hoxe mércores 12 a triste noticia da cancelación do mesmo polo estado das pistas de Balaídos», aunciou o club esta mesma tarde.
Seguindo un informe da empresa encargada das mesmas, as obras de reforma iniciadas o luns non estarían rematadas a tempo e non é posible a celebración de ningún tipo de proba dentro da instalación, concretamente nas probas do anel.
«Esta cancelación segue criterios estrictamente técnicos, xa que debido ó mal tempo desta semana as obras demoráronse máis do previsto inicialmente. Ante esta situación nin a empresa nin o Concello poden confirmar unha nova data para poder celebrar competicións oficiais nas pistas, polo que vémonos obrigados a cancelar o IV Trofeo Solidario de Nadal, sen posibilidade de aprazalo ás vindeiras semanas», apuntan desde o Celta Atletismo.
O club sinalla tamén que «isto ademais rompe a idea coa que naceu esta proba, que era aproveitar o Nadal para conxugando solidaridade e atletismo. Dende o clube queremos agradecer o enorme esforzo dos patrocinadores e inscritos, e agardamos poder retomar este tipo de probas cando as pistas estén en condicións».