A firma viguesa solicitou unha ampliación de 8.000 metros cadrados co obxectivo de poder responder aos pedidos de Rolls Royce para fabricar pezas de alta precisión da turbina do motor das aeronaves de transporte de pasaxeiros Airbus A350 e Boeing 787.
“Esta empresa é unha das grandes firmas da cidade, ten un compromiso coa Rolls para fabricar pezas de altísima tecnoloxía, cubrición enteiro do motor por el que xiran as turbinas, teñen que ter unha grande resistencia. Necesita unha ampliación das instalacións e quero enfatizar a importancia das industrias en Vigo, porque facemos o mellor do mellor”, sinalou o alcalde.