Para poder participar é necesaria a doazón dun xoguete ou 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros que serán repartidos ás familias viguesas máis necesitadas pola Asociación Freijeiro-Ayuda al necesitado e Fundación STOP durante a súa campaña ‘Cada neno, un xoguete’.
A inscrición para non federados remata este luns ás 20.00 horas -cun límite de 50 prazas-, mentres que os rapaces que teñan unha licenza poderán facelo ata o mércores 12 ás 20.00 horas. Ambas deberán facerse a través de inscripcionesceltaatletismo@gmail.com e a plataforma da RFEA.
As pistas de atletismo de Balaídos acollerán as probas pese a perder recentemente a súa homologación para que as marcas das carreiras sexan válidas a nivel federativo por un defecto nunhas obras de reforma, que provocaron a suspensión doutras probas como a I Serie Municipal.
Con todo, dende o Celta Atletismo decidiron seguir adiante na organización deste trofeo polo seu carácter solidario e festivo, quedando a importancia das marcas nun plano secundario.