Acompañado polo presidente da Asociación Deportiva Zanshin, Fernando Álvarez, e os karatekas sénior Óscar Sánchez, Sheila Álvarez e Sergio Pérez, ademais do xuíz Alfonso Rodríguez, o concelleiro pediu á cidadanóa que se achegue ao campionato, que terá entrada de balde. «É un evento que vai encher de alegría, paixón e ilusión o polideportivo boucense», sostivo Fernández.
A organización confirmou a participación duns 80 karatekas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta), con presenza de entidades deportivas de Galicia, Madrid, Asturias e Cantabria entre clubs e colexios. «É un novo chanzo para a difusión e promoción do karate en Vigo», afirmou o concelleiro.
Fernando Álvarez, presidente da asociación viguesa, lembrou que o evento, iniciado no ano 2000, cumpre a súa maioría de idade nesta vixésima edición (houbo dous nun mes ano). E faino coa boa nova da recuperación de Sheila Álvarez para a competición.
Ademais do Zanshin, do Okinawa e do Traviesas e dos colexios San Salvador de Teis e Compañía de María, competirán o Lorenzo Parra (Madrid), Shotokan (Santander), Shotokan (Oviedo) e Mizukami (Ribadavia).
«Cada ano tentamos ser un pouquiño mellores», sinalou Álvarez. Tódalas modalidades disputaranse por sistema de liguiña e o dirixente aposta polos seus karatekas para revalidar título (Óscar Sánchez, kumite) e para gañalo (Sheila Álvarez, kata).