• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Museo Arqueolóxico Nacional acolle a mostra «Galaicos. Un pobo entre dous mundos»

    O ministro de Cultura, José Guirao, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraron a exposición
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2018
    en Exposiciones
    0
    O Museo Arqueolóxico Nacional acolle a mostra «Galaicos. Un pobo entre dous mundos»

    Durante o acto déronse cita tamén o director xeral de Belas Artes, Román Fernández-Baca, que presidiu a rolda de prensa de presentación da mostra, o director do Museo Arqueológico Nacional, Andrés Carretero, e os alcaldes de Cuntis, Manuel Campos, de Silleda, Manuel Cuíña, de Vilagarcía, Alberto Varela, da Guarda, Antonio Lomba, así como a concelleira de Ribadumia María do Pilar Martínez.

    Tamén asistiron deputadas e deputados e senadoras e senadores galegos; o director da Casa de Galicia en Madrid,  José Ramón Ónega López; o presidente de SEGITTUR, Enrique Martínez; o director general de Museos da Junta de Andalucia, Marcelino Sánchez, así como directores e directoras doutros Museos do estado, empresarios, persoal investigador do CSIC e medios de comunicación.

    A presidenta da Deputación, que amosou sentirse “profundamente emocionada”, destacou que coa mostra “todas e todos poderán descubrir que eramos unha sociedade aberta e moi creativa, e cunha posición privilexiada, a catro días de navegación de Cádiz e de Cardiff, que nos situaba no centro do intercambio comercial e cultural da prehistoria e historia antiga”. Deste xeito, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” concíbese de xeito divulgativo, tal e como manifestou Carmela Silva, para “contarlle ao mundo que as e os galaicos eramos moito máis que as e os habitantes do noroeste peninsular, que queremos romper o tópico de pobo pouco desenvolvido para que se coñeza a historia da provincia de Pontevedra, a historia de homes e mulleres que herdamos unha historia e cultura digna de ser contada”.

    Carmela Silva informou que, ata o momento, e segundo establecen cronistas das campañas romanas, Galicia era coñecida como unha sociedade matriarcal e democrática. Sen embargo, “pouco se dixo da nosa posición estratéxica como punto de entrada de mercadorías, costumes e ideas, como lugar de confluencia entre o mundo Atlántico e o Mediterráneo”, indicou a presidenta. Precisamente isto, tal e como asegurou Silva, é o que pretende esclarecer “Galaicos. Un pobo entre dous mundos”.

    Pola súa banda, o director xeral de Belas Artes, Román Fernández-Baca, gabou que a exposición “é algo máis que unha mostra de obxectos, é unha mostra de fecundidade cultural, de paisaxes, de patrimonio e emocións, na que as persoas son protagonistas”. Tamén subliñou o valor da exposición para poñer de manifesto a interconexión cultural entre o Mediterráneo e o Atlántico, “que traspasou a barreira do tempo ata facerse presente hoxe con Galaicos, unha excelente oportunidade para compartir o que nos une e admirar e recoñecer o que nos diferenza”.

    Neste mesmo eido afondaron os comisarios da mostra, Antonio Nicolau e Rafael Rodríguez. En concreto, Nicolau detacou que “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” demostra que na época castrexa “o que estaba lonxe da cultura e do comercio non era a costa atlántica, senón que o que estaba lonxe era o centro peninsular da meseta”. Tamén afondou nesta tese Rodríguez, quen manifestou que “foron as pedras e tamén a terra que extraemos das nosas escavacións as que falaron e transformaron todas aquelas teorías que coñecíamos”, ata o punto de que traballo realizado nos xacementos da provincia, sobre todo a partir do ano 2.000, permitiu sacar á luz o carácter estratéxico da provincia de Pontevedra na prehistoria e antigüidade.

    “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” chega a Madrid co obxectivo de reivindicar unha das culturas máis orixinais e creativas da Idade de Ferro do Occidente de Europa. Desde o 31 de outubro e ata o mes de febreiro, o Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid acollerá esta mostra itinerante da Deputación de Pontevedra que percorrerá os principais museos españois ao longo do próximo ano.

    A Deputación de Pontevedra seleccionou “Galaicos” como nome da exposición por facer referencia á denominación coa que a civilización romana denominaba aos pobos que habitaban no Noroeste peninsular. Xunto a Galaicos, “Un pobo entre dous mundos” reivindica o carácter da provincia de Pontevedra como bisagra entre o mundo Mediterráneo e o Atlántico e que converten a este pobo nunha das arquitecturas da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor conservadas da Península Ibérica.

    Os comisarios da mostra, Rafael Rodríguez e Antoni Nicolau, configuraron unha exposición a modo de viaxe, iniciándose a través dun audiovisual que establece a conexión entre a cultura atlántica y a mediterránea ao longo da prehistoria e historia antiga. Posteriormente, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” artéllase arredor de cinco ámbitos cronolóxicos: Campesiños e guerreiros. Idade do Bronce Final (1.500 -800 a.C.); Poboados fortificados da primeira Idade do Ferro (800-400 a.C.); O Atlántico ábrese ao Mediterráneo (400 -19 a.C.); Na esfera de Roma: Gallaecia (séculos I-III) e a provincia de Gallaecia (finais do século IV-século VI).

    En cada un destes ámbitos inclúese un texto introdutorio coas claves do período histórico; obxectos representativos de cada etapa como o casco de Leiro, a estela de guerreiro de Castrelo do Val, o puñal da Lanzada, a diadema de Elviña, a ara do Monte do Facho ou o brazalete de Meis; e datos de xacementos arqueolóxicos como A Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre, Castrolandín, Monte do Facho, Toralla, Salinas de Vigo, Adro Vello. Para finalizar, a exposición proxecta un audiovisual concibido como unha viaxe pola paisaxe e patrimonio a través dos xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra.

    Ao longo do percorrido de “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é posible ver 65 obxectos arqueolóxicos, réplicas, imaxes e fotografías, así como 21 ilustracións, textos e recursos audiovisuais. En concreto, a exposición presenta dous audiovisuais, sete proxeccións asociadas a obxectos do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos, así como 24 vitrinas que ocupan 210 metros cadrados de exposición. Ademais, para a súa posta en marcha a Deputación de Pontevedra contou coa participación de 10 museos galegos e de comunidades limítrofes e 12 empresas implicadas.

    “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” presenta pezas inéditas das intervencións arqueolóxicas nas que está traballando a Deputación de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Fomento. A mostra tamén conseguiu sacar á luz pezas que nunca tiñan saído de museos como o de Pontevedra e outros moitos elementos que levan máis de 15 anos sen abandonar o museo no que están depositados.

    A Deputación de Pontevedra concibiu a exposición de forma itinerante de tal modo que, desde Madrid, o punto de partida, viaxará ata o Mediterráneo, concretamente a Valencia, e tamén ata o Sur, a Xaén, para regresar finalmente ao Museo de Pontevedra. Deste modo, o percorrido itinerante da mostra pretende transmitir a principal idea da exposición: a civilización galaica como confluencia de tradicións culturais e comerciais entre o mundo Atlántico e o Mediterráneo.

    43

    RelacionadosArtículos

    Aena ya trabaja en la captación de rutas aéreas junto a Xunta y ayuntamientos
    Actualidad

    Aena ya trabaja en la captación de rutas aéreas junto a Xunta y ayuntamientos

    05 de Nov, 2025
    «Pardo de Vera acumula ya más acusaciones que méritos para obtener la Medalla de Vigo»
    Local

    El PP reclama el decreto para salvar la «enésima promesa incumplida» de Caballero

    05 de Nov, 2025
    A Guarda aspira a la Navidad dorada de Ferrero Rocher
    A Guarda

    A Guarda aspira a la Navidad dorada de Ferrero Rocher

    05 de Nov, 2025
    Instalados los primeros pilares que sostendrán la grada de Gol
    Local

    Instalados los primeros pilares que sostendrán la grada de Gol

    05 de Nov, 2025
    El vertido de aceite de palma de Vigo llega a las playas de Moaña
    Moaña

    El vertido de aceite de palma de Vigo llega a las playas de Moaña

    05 de Nov, 2025
    La UVigo y la USC, entre las 400 universidades más sostenibles del mundo, según el QS Sustainability Ranking
    Actualidad

    La Xunta insiste en «avanzar en la descentralización» de Medicina

    05 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR