• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 16 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Castelo de Soutomaior quere ter a mellor árbore de Europa

    A Deputación de Pontevedra presenta a candidatura do piñeiro araucano do recinto a árbore europea 2019
    Redacción por Redacción
    25 de Oct, 2018
    en Medio Ambiente
    0
    O Castelo de Soutomaior quere ter a mellor árbore de Europa

    A deputada destacou que a candidatura encádrase dentro da campaña que fai a Estación Fitopatolóxica para poñer en valor todo o patrimonio natural e paisaxístico que hai na provincia. «Consideramos que é importante dalo a coñecer e poñelo en valor, porque somos un país especialmente rico en patrimonio natural e medioambiental. Hai que informar e formar sobre el para que se poida respectar e ao mesmo tempo coidar», apuntou.

    Vilaverde subliñou que hai múltiples motivos polos que destacar o piñeiro araucano como peza botánica, tanto dende o punto de vista da súa morfoloxía como pola súa historia dentro do Castelo de Soutomaior. De feito, a Araucaria araucana ten uns 150 anos, alcanza os 27 metros de altura –é das máis altas de España- e ten 2,67 metros de perímetro basal –está entre as de maior envergadura de Europa-, conta cunha verticalidade case perfecta e comeza a súa copa aos 21 metros.

    Trátase dun dos exemplares da flora alóctona galega máis notable do ‘Catálogo de árbores e formacións senlleiras de Galicia’ dende a súa creación (2007) e supón unha rareza, dado o pouco frecuente que é esta especie adulta no país.

    A importancia desta árbore é tal, segundo apuntou a deputada, que existen numerosas referencias bibliográficas da súa existencia. As primeiras datan de 1879, no diario político ‘La época’, onde se fala dos «seus brazos puntiagudos como ferros de lanza, tan lindos á vista como ingratos ao tacto».

    A árbore tamén está referenciada no libro ‘Árboles chilenos del mundo’ escrito por Rodigo Fernández Cargo, unha recompilación en grande formato con 60 historias de especies chilenas que medran en diferentes partes do mundo e que inclúen no capítulo quinto a árbore pontevedresa. Outra das citas está na web monumentaltrees.com, onde se recollen as pezas botánicas máis salientables do planeta.piñeiro araucano

    Dende a Deputación, explicou Vilaverde, baralláronse moitas opcións para participar no concurso, mais a araucaria foi a decisión definitiva tamén polo valor engadido das súas referencias históricas e culturais, xa que é «testemuña viva» da historia do Castelo de Soutomaior e das xuntanzas políticas do século XIX, así como tamén da vida da agora xa coñecida feminista adiantada á súa época, María Vinyals.

    Descoñécese o ano exacto da súa plantación, pero sábese que pertence á arboreda orixinal do parque do castelo creado durante o proxecto de axardinamento na época do marques de la Vega de Armijo, cando tivo lugar a transformación botánica con motivo da restauración global do castelo. Posteriormente, trala morte do marqués, a propiedade foi herdada pola súa sobriña que, unha vez casada, trasladou a súa residencia ao castelo e converteuno nun sanatorio que foi publicitado xunto ao xardín nos xornais de máis difusión da época.

    Promoción
    Vilaverde destacou que a Deputación iniciará unha campaña de promoción para dinamizar a votación a favor da araucaria a través tanto da súa web como das súas redes sociais. Tamén subliñou que se enviará información específica sobre a árbore senlleira aos centros escolares para que a raíz desta convocatoria a poidan coñecer e visitar, así como tamén a institucións e entidades de educación ambiental.

    «Hai que poñer en valor todo este patrimonio natural para que se coñeza a árbore e tamén para visibilizar tamén os xardíns do castelo, que teñen unha grande importancia botánica e que nos parecen un recurso turístico concreto e específico, así como un exemplo máis dos recursos naturais que hai en toda a provincia. Pensamos que este concurso é unha desculpa moi axeitada para traballar dende o punto de vista ambiental, cultural e turístico», asegurou Vilaverde.

    A votación para designar ao representante do estado español na fase europea finalizará o próximo 23 de novembro. Entón un dos dez exemplares preseleccionados polo comité de expertos de Bosques sen Fronteiras (coa colaboración do Ministerio de Agricultura) será o designado para pasar á fase europea (do 1 ao 28 febreiro de 2019). A votación pode facerse directamente na páxina http://arboleuropeo.es/vota-arbol-del-ano-en-espana-2019/ ou tamén a través de depo.gal, onde hai banners de enlace directo para deixar o apoio.

    Os competidores do piñeiro araucano pontevedrés están fundamentalmente na franxa mediterránea: piñeiro laricio de La Yesa (Valencia), pinsapo de Grazalema (Cádiz), algarrobo de Foia Brell (Alicante), piñeiro da Virxe (La Palma), olmo de Navallas (Castellón), amendoeiro Real (Badaxoz),  olivo Milenario ‘La Farga del Arión’ (Tarragona), palmeira imperial (Elche) e piñeiro de Roble de Peñascosa (Albacete).

    Concurso Árbore do Ano
    O concurso da Árbore Europea do Ano creouse no ano 2011 como continuación do popular concurso popular Árbore do Ano que na República Checa durante moito tempo organizou a Fundación Alianza (Nadace  Partnerství).

    O obxectivo de Árbore Europea do Ano é destacar as interesantes árbores senlleiras como un importante patrimonio natural e cultural que apreciar e protexer. Todos os anos participan no concurso decenas e ata centenares de miles de persoas e o número dos países participantes aumentou dos 5 orixinais a 15.

    43

    RelacionadosArtículos

    Un marinero fallecido y otro herido grave en un accidente en el pesquero gallego ‘Novo Alborada’ en Irlanda
    Sucesos

    Un marinero fallecido y otro herido grave en un accidente en el pesquero gallego ‘Novo Alborada’ en Irlanda

    16 de Ene, 2026
    Miles de personas toman Vigo para exigir el fin de la violencia machista
    Local

    Las ayudas a víctimas de violencia de género en Vigo: un café al día y más de una década congeladas

    15 de Ene, 2026
    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica
    Local

    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica

    15 de Ene, 2026
    Book nooks: introducción y guía de primeros pasos
    Ciencia y Tecnología

    Book nooks: introducción y guía de primeros pasos

    15 de Ene, 2026
    La lluvia suspende el fin de fiesta de A Arribada
    Baiona

    En marcha los preparativos para la Arribada: fechas y horario del mercado tradicional, con más de 140 puestos

    15 de Ene, 2026
    Robots humanoides: Vigo se mueve para ser una referencia a nivel continental
    Local

    Robots humanoides: Vigo se mueve para ser una referencia a nivel continental

    15 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aquellos conciertos de Vigo
    Más Vigo

    Aquellos conciertos de Vigo

    Esta es la entrada que alguien conserva como recuerdo de un concierto histórico en la ciudad de Vigo: Bob Dylan....

    por Julio Alonso
    15 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR