Tamén comprobarase como dende o nivel do mar se elevan dúas serras, a da Groba e a do Argallo, ata a chaira. No percorrido gozarase de miradoiros naturais con vistas ao Atlántico e ao Esteiro do Miño, así como a visita aos muíños do Folón, declarados Ben de Interese Cultural, e onde se concentran arredor de 60 ‘muños’, que é como se denominan na zona.
A actividade é de día completo e desenvolverase o domingo cunha distancia a realizar en todo o día de 15,2 quilómetros e tramos cun importante desnivel (moi recomendable bastóns e botas que aguanten os nocellos).
A inscrición comezou este luns 15 de outubro a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) e permanecerá aberta ata o mércores para os empadroados e ata o xoves para os non empadroados. Unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello).
Actividade en Vigozoo
Ademais, Vigozoo acollerá este sábado pola tarde a primeira actividade familiar de sensibilización en relación coa contaminación luminosa e de plástico de un só uso.
As inscricións para esta quenda ou para a da semana que vén –ambas de balde- poden realizarse a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o xoves e conlevan unha segunda parte en Ancares no mes de novembro.