• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 8 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Galician Freaky Film Festival proxectará en Vigo cerca de 40 curtametraxes

    Terá lugar do 25 ó 27 de outubro na sala Videodrome, en Progreso 41, deseñada especialmente para a ocasión
    Redacción por Redacción
    13 de Oct, 2018
    en Cine
    0
    Galician Freaky Film Festival proxectará en Vigo cerca de 40 curtametraxes

     Así, entre o 25 e o 27 de outubro poderanse ver en Vigo non só filmes galegos, senón tamén pezas nacionais e internacionais cheas de humor, misterio, terror e, por suposto, unha boa dose de zombies.

     As curtametraxes da nova edición do Galician Freaky Film Festival dividiranse por sesións acordes coa temática ou a procedencia das cintas, no caso das pezas internacionais.

     Así, para o día da inauguración, o xoves 25 pola tarde terá lugar o primeiro dos bloques chamado Humor Freak Vol. I e onde se poderán ver filmes como ‘Bienvenido al infierno’, de Simón Fariza que relata, con moito humor, o temido momento no que un rapaz ten que coñecer a familia (pouco convencional) da súa moza ou ‘Loot’, de Pablo Medina, unha curtametraxe que inclúe a tres atracadores de bancos, unha caixa forte, un novato para abrila e unha realidade que se rexe polas regras dos videoxogos.

     O primeiro día do festival rematará co bloque Sesión Typical Spanish e con obras como ‘Amancio, vampiro del pueblo’, de Alejo Ibañez ou ‘El escarabajo al final de la calle’, de Joan Vives Lozano, no que Amadeo recibe unha inquietante premonición: á súa filla peixeira quédanlle sete días de vida.

     No ecuador do Galician Freaky Film Festival terán lugar tres sesións: Humor Freak Vol. II, Noite de Ciencia Ficción e, por último, Noite de Arrepío. Na primeira delas proxectaranse filmes como ‘Una vida de mierda’, de Jaime Sería, que mostra as aventuras e desventuras dun váter namorado ou ‘Z Fest’, de David Cordero, onde unha parella discute nunha tenda de campaña mentres están rodeados de zombis.

    O segundo dos bloques previstos para o venres ten coma denominador común a ciencia ficción e deste xeito as obras tratarán historias como a de un cosmonauta ruso que viaxa ao espazo exterior en ‘Sputnik’, de Vicente Bonet, pero no que tamén haberá tempo para ver como é a vida na terra en 2060 da man de José Antonio Campos Aguilera, director de ‘El origen’.

    A noite do venres rematará cun bloque no que o terror de serie B será o principal protagonista. Así, todos os asistentes poderán ver fenómenos paranormais, noites de Halloween terroríficas e moito misterio en filmes como ‘Rewind’, de Rubén Pérez Barrena; ‘Aprieta pero raramente ahoga’, de David Pérez Sañudo ou ‘9 pasos’, de Marisa Crespo e Moisés Romera. 

    O derradeiro día do Galician Freaky Film Festival estará dedicado ás sesións Frikismo do País onde se mostrarán pezas galegas cun claro compoñente freak como ‘Maullidos de latex’, de Brian Rodríguez Cortiñas, que trata da vida dun home que recobra o seu optimismo poñéndose unha máscara de gato e International Freak Session, un bloque coas mellores curtas internacionais de países como Reino Unido, Arxentina, Paraguai, Suecia, México, EE.UU. e Grecia. 

    En definitiva, a primeira edición do Galician Freaky Film Festival (a anterior foi a 0) visibilizará o traballo de creadores de todo o mundo. As obras poderanse ver na sala Videodrome, en Progreso 41 a prezos populares e a oferta completarase cunha serie de actividades paralelas como a exposición de «art horror» do vigués Josef Méndez ou dous concertos con selo vigués: o do rockeiro Joao Tomba e Alféizar, un grupo moi coñecido da cidade.

     Así mesmo toda a información relativa tanto aos filmes como as actividades paralelas están dispoñibles na web do Galician Freaky Film Festival.

    43

    RelacionadosArtículos

    Incendio en una motora en el puerto de San Adrián de Cobres
    Morrazo

    Incendio en una motora en el puerto de San Adrián de Cobres

    08 de Oct, 2025
    El personal del Álvaro Cunqueiro se rebela por una medida que pone en riesgo tu salud
    Local

    El personal del Álvaro Cunqueiro se rebela por una medida que pone en riesgo tu salud

    08 de Oct, 2025
    Recordando el genocidio de Palestina
    Más Vigo

    Recordando el genocidio de Palestina

    08 de Oct, 2025
    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    De Cangas a México: la última novela de Xaime Fandiño se descubre en el Salón de Plenos

    08 de Oct, 2025
    Por qué Dani Martín debe a Vigo que existiera El Canto del loco
    Local

    ¿Dani Martín en Vigo esta tarde? El rumor de un show secreto en el Tinglado sacude Conxemar

    08 de Oct, 2025
    La VG20 colapsa por una razón inesperada y la ciudad se paraliza
    Local

    La VG20 colapsa por una razón inesperada y la ciudad se paraliza

    08 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el genocidio de Palestina
    Más Vigo

    Recordando el genocidio de Palestina

    Cada vez hay más voces en todo el mundo civilizado en contra del genocidio de Palestina. Lo que está ocurriendo...

    por Julio Alonso
    08 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    De Cangas a México: la última novela de Xaime Fandiño se descubre en el Salón de Plenos

    El Concello de Cangas se convertirá este jueves 9 de octubre en el escenario de la presentación de "Contubernio Picacho",...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR