O ente autonómico precisou, con todo, que esta medida se circunscribe aos meses de verán, á espera de poder dispoñer de especialistas unha vez rematada esta estación e reverter deste xeito esa situación, xa que “a praza do pediatra manterase en Coruxo”.
Así llo confirmou ademais o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, ao presidente da Asociación de Veciños de Coruxo, Emilio Pérez.
“Malia todos os esforzos realizados pola dirección da EOXI de Vigo non foi posible cubrir a praza do pediatra de Coruxo, polo que a partires do próximo luns día 2 de xullo, os menores desta parroquia xa serán atendidos en Navia, que é o centro máis próximo”, indica o comunicado.
O Sergas estaba pendente de confirmar a continuidade ou o cesamento do actual profesional que presta este servizo no centro de saúde da parroquia, que non pode seguir no seu posto máis aló do 30 de xuño.