Os escolares de 6º de Primaria e da ESO que están a facer o Camiño foron elixidos polos seus compañeiros por ter destacado este curso polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demais e compañeirismo.
Este martes, a primeira hora da mañá, saíron de Tui “con moita ilusión”, segundo dixeron, e con “moitas ganas” de vivir una experiencia de convivencia e formación.
Ao longo desde días de Camiño os rapaces traballarán en valores como o esforzo, a axuda aos demais, o compañeirismo ou a solidariedade. Tamén recibirán formación sobre como previr o acoso escolar, a resolución pacífica de conflitos e a mediación escolar. O vindeiro curso este grupo pasará a formar parte do equipo de mediación do colexio San José de La Guía.
Está previsto que o sábado cheguen a Santiago despois de percorrer cinco etapas do Camiño de Santiago Portugués e o domingo rematarán esta experiencia cunha misa na catedral.