• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 19 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Iván Roade e Ester Navarrete coróanse no podio máis feliz

    Cun tempo de 00:30:56 e 00:35:06, respectivamente, gañaron a duodécima edición da HappyGoRunning
    Redacción por Redacción
    23 de Abr, 2018
    en Atletismo
    0
    Iván Roade e Ester Navarrete coróanse no podio máis feliz

    Pola súa banda, en categoría feminina Ester Navarrete volvía subir o máis alto do podio cun tempo de 00:35:06, seguida por Alice Finot (00:36:05) e Sandra Mosquera (00:36:25). Un total de 408 corredoras e corredores tomaron a saída ás 11 da mañá na proba raíña da competición organizada pola Universidade de Vigo e que este ano acadou a súa duodécima edición, na que Navarrete proclamábase vencedora por cuarto ano consecutivo, mentres que Rubén Diz, non puido repetir a vitoria acadada o ano pasado, quedando en quinta posición.

    A pesares de revalidar o seu título, a corredora viguesa non foi quen de rebaixar o mellor tempo acadado na proba e que ela mesma ostenta desde o ano 2016 con 00:35:03. A mellor marca en categoría masculina segue a ser a que no ano 2012 obtivo Hassan Lekhili con 00:29:59.

    Na distancia de 6,6 quilómetros, José Puga (00:27:52), Marco Salvadores (00:28:07) e Víctor Ferreira (00:29:10), foron os primeiros clasificados en categoría masculina, mentres Elena Conde (00:31:20), Rocío Puerta (00:31:45) e Orsolya Andrea Simón (00:32:21), foron as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta nesta categoría, na que participaron un total de 53 atletas.
    ester navarrete happy go running
    Vitorias de corredores de Vigo e Ourense na Carreira Universitaria Galaico-Duriense
    Polo que respecta á Carreira Interuniversitaria contra a Droga ou Carreira Universitaria Galaico-Duriense por campus, unha iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico apoiada polas universidades de Galicia e do norte de Portugal, o representante do campus de Vigo e terceiro clasificado na distancia de 10Km da HappyGoRunning-Cidade Universitaria, Carlos Porto, foi o gañador en categoría masculina cun tempo de 00:32:18, seguido por Ayouub El Mahmoudi da Universidade de Porto con 00:36:04 e Alan Bugarín do campus de Ourense cun rexistro de 00:36:30.

    Precisamente unha representante deste campus foi a primeira clasificada en categoría feminina, Aida Martínez (00:45:02), seguida de Laura Pérez do campus de Pontevedra (00:50:30) e Pamela Araujo tamén do campus de Ourense (00:52:29). No caso desta proba foron 80 as e os estudantes universitarios de Vigo, Porto, Santiago e Coruña que tomaron a saída ás 11.00 horas para cubrir os 10 quilómetros da proba raíña da HappyGoRunning-Cidade Universitaria.

    Non todo vai ser correr
    Hora e media antes do inicio das carreiras de 10 e 6,6 km tomaban a saída as preto de cen persoas que participaron este ano na andaina de 10 km polos arredores do campus. Organizada en colaboración co Club Peña Trevinca, as e os participantes na marcha e percorreron a contorna do campus dende o parque forestal de Beade ata o Chan da Cruz e de regreso ao campus, gozando de vistas sobre a ría e tamén de restos arqueolóxicos.

    618 euros destinados á compra de colmeas para exdrogodependentes
    Unha edición máis, a carreira organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración de entidades como o Concello de Vigo, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia ou Cidade Universitaria e que forma parte do Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, mantivo a súa vertente solidaria destinando un euro das 618 inscricións nas diferentes probas (457 na carreira de 10 km, 64 na de 6,6 km e 97 na andaina) á Fundación Galega contra o Narcotráfico.

    Desta volta os recadados destinaranse á compra de colmeas para a formación en apicultura de exdrogodependentes en proceso de reintegración social. Como cada ano a xornada deportiva celebrada no campus vigués rematou coa entrega de premios no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria.happy go running

    43

    RelacionadosArtículos

    La Navidad de Vigo ya tiene sus mejores escaparates: premios por barrios
    Local

    La Navidad de Vigo ya tiene sus mejores escaparates: premios por barrios

    18 de Ene, 2026
    Más de 5.400 personas participan en el estudio gallego sobre la vacuna del virus sincital
    Actualidad

    Más de 5.400 personas participan en el estudio gallego sobre la vacuna del virus sincital

    18 de Ene, 2026
    La Xunta promocionará en Fitur el Camiño da Costa Inclusivo a su paso Vigo
    Local

    La Xunta promocionará en Fitur el Camiño da Costa Inclusivo a su paso Vigo

    18 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá
    Local

    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá

    18 de Ene, 2026
    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa
    Local

    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa

    18 de Ene, 2026
    Detienen a los dos sospechosos de atracar una sucursal bancaria en Vigo a mediados de abril
    Sucesos

    Juicio contra los atracadores de Abanca en Vigo: 117.465€ y huida en el BMW del director

    18 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De Vigo a Stonehenge, pasando por Carnac
    Más Vigo

    De Vigo a Stonehenge, pasando por Carnac

    Por Marcos Castro Vilas, As peculiaridades xeográficas e naturais da ría de Vigo para observar o sol e os solsticios...

    por Redacción
    18 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR