As imaxes, cedidas temporalmente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, pretenden pór o foco nas inxustizas responsables da crise migratoria e humanitaria na que milleiros de refuxiados e refuxiadas vense obrigadas a abandonar os seus fogares. A exposición poderá contemplarse na casa consistorial ata o vindeiro 4 de maio, en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 concellos e as deputacións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.
O seu traballo oriéntase á realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.