• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 15 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Btt

    As DepoRutas e a Epic Race encherán de ciclismo os camiños da provincia

    A proba viguesa disputarase en setembro na parroquia de Candeán e constará de 40 quilómetros de percorrido
    Redacción por Redacción
    26 de Mar, 2018
    en Ciclismo
    0
    As DepoRutas e a Epic Race encherán de ciclismo os camiños da provincia

    En rolda de prensa, a Presidenta da Deputación explicou que “presentamos unhas probas deportivas que amais de ter que ver co deporte e co ciclismo teñen moito que ver coa calidade de vida, coa saúde e, tamén, con dar a coñecer as marabillas do paraíso no que vivimos”.

    Así, por segundo ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra organizará as DepoRutas BTT, tres nesta ocasión. Deste xeito, a institución provincial dálle continuidade a unha iniciativa que estreouse con rotundo éxito no 2017, coas probas celebradas en Sabucedo e no Pontillón do Castro.

    En relación ás DepoRutas BTT, Carmela Silva sinalou que “nas dúas probas organizadas en 2017 esgotáronse as 250 prazas ofertadas en menos de 24 horas e por iso este ano quixemos aumentar a nosa oferta cunha ruta máis e incrementando o número de prazas por proba ata ás 300”.

    En concreto, estas tres DepoRutas BTT terán lugar en Sabucedo, o 17 de xuño; outra en Caldas de Reis, Portas e Barro, o 2 de setembro, e a última, en Vigo, o 30 de setembro. Igual que aconteceu nas probas organizadas en 2017, as inscricións serán gratuítas e poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.

    A DepoRuta de Sabucedo, cunha distancia de 32 quilómetros, iniciase nun marco espectacular como é o curro da Rapa das Bestas e continuará pola zona norte de Sabucedo alternando treitos de dificultade baixa con outro mais técnicos para, a partir do segundo terzo do percorrido, ir enlazando e cruzando diferentes parroquias do Concello de A Estrada, desfrutando ao seu paso de elementos de enorme valor cultural.

    Pola súa banda, a DepoRuta que acollerán Caldas, Portas e Barro terá un percorrido de 25 quilómetros que arrancará na Carballeira de Caldas de Reis para dirixirse ao entorno da Fervenza de Segade. A partir deste punto tomarán dirección cara ao parque natural do Rio Barosa, achegándose despois ao concello de Barro para acabar regresando ao punto de inicio. Trátase dunha ruta asumible por tratarse dun percorrido bastante plano.

    Por último a DepoRuta BTT dos Montes de Vigo será a máis longa, con 40 quilómetros. A ruta discorre pola parroquia viguesa de Candeán, aproveitando parte da coñecida Ruta da Auga, na que os participantes poderán desfrutar dunhas magníficas vistas sobre a Ría de Vigo. Esta proba, malia ser máis longa, tampouco ten demasiadas complicacións técnicas.

    Nestas DepoRutas BTT, a Deputación de Pontevedra porá a disposición de todos os e as participantes a cobertura de seguro de responsabilidade civil e accidentes, servizo sanitario, servizo de asistencia durante o percorrido, dous avituallamientos, servizo de lavado de bicicletas e servizo de vestiarios.

    Por outra banda, a Deputación de Pontevedra volverá a apoiar a celebración da Epic Race, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril. En relación a esta proba, Carmela Silva subliñou que “estamos moi orgullosas e orgullosos nesta Deputación de volver a ser o principal patrocinador da Epic Race, xunto aos concellos polos que pasarán os e as deportistas que van a participar nesta ruta tan esixente”.

    Amais, a presidenta da Deputación de Pontevedra engadiu que “esta proba naceu o ano pasado co obxectivo de converterse nun referente e o logrou xa na súa primeira edición, que deixounos unhas imaxes extraordinarias”.

    Esta segunda edición da proba pasará polos concellos de Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces, Forcarei, Redondela, A Lama e Valença. O paso por Portugal será unha das principais novidades da Epic Race 2018, na que novamente poderase participar de maneira individual ou por equipos.

    As persoas participantes enfróntanse a un percorrido de 8 etapas pola provincia, ao longo do día e da noite, desafiando os montes e gozando das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas. Todo elo cun límite de 51 horas no que terán que completar os 550 quilómetros que compoñen a proba. Amais hai unha opción reducida de 280 km e 7.500 metros de desnivel acumulado (Half Epic Race).

    O director da proba, Víctor Cimadevila, explicou durante a presentación da Epic Race que “este ano recibimos o dobre de inscricións, 160, o que demostra que estamos a converternos nunha referencia” e resaltou que “esta é unha proba que se caracteriza pola paixón, a emoción e a diversión”.

    Para rematar o acto, Carmela Silva recalcou que “un ano máis apostamos por un deporte ligado ao medio ambiente e ao turismo que queremos promover na nosa provincia, un turismo ligado á natureza e á paisaxe. Temos que ser capaces de ofertar moitas actividades ligadas ao deporte e o turismo sostible porque iso é manter o noso territorio en óptimas condicións”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Finalizan las obras de la calle Miño en Salvaterra tras una inversión de 426.000 euros de la Xunta
    Salvaterra de Miño

    Finalizan las obras de la calle Miño en Salvaterra tras una inversión de 426.000 euros de la Xunta

    15 de May, 2025
    Velas al viento
    Más Vigo

    Velas al viento

    15 de May, 2025
    Corte total de la A-52 en sentido Vigo tras el accidente de un tráiler
    Sucesos

    Corte total de la A-52 en sentido Vigo tras el accidente de un tráiler

    15 de May, 2025
    Condenada una constructora a pagar 14.000 euros a una mujer que se cayó en el centro de Vigo
    Sucesos

    Condenada una constructora a pagar 14.000 euros a una mujer que se cayó en el centro de Vigo

    14 de May, 2025
    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán
    Local

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    14 de May, 2025
    Zona infantil, merendero, juegos de agua y piscinas: licitado un macroparque recreativo junto al Atlántico
    Oia

    Zona infantil, merendero, juegos de agua y piscinas: licitado un macroparque recreativo junto al Atlántico

    14 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    por Redacción
    11 de May, 2025
    0

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    por Redacción
    10 de May, 2025
    0

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    por Andrea Mariño
    13 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Velas al viento
    Más Vigo

    Velas al viento

    Siempre han existido los temporales y antes se englobaban en las llamadas galernas, de mayor o menor intensidad. En la...

    por Julio Alonso
    15 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    El hallazgo casual de las hachas de Saiáns
    Más Vigo

    El hallazgo casual de las hachas de Saiáns

    A finales de los años 80 del siglo XX, la casualidad produjo un gran hallazgo arqueológico en Vigo. Una excavadora...

    por Eduardo Rolland
    14 de Oct, 2023

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR