• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Xunta programa en Santiago un festival con The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai

    Santiago será a sede de "O son do Camiño" cunha trintena de artistas de renome internacional, que en moitos casos visitan Galicia por primeira vez, e de grupos galegos de referencia
    Redacción por Redacción
    23 de Feb, 2018
    en Música
    0
    A Xunta programa en Santiago un festival con The Killers, Lenny Kravitz e Jamiroquai

    O festival, que terá lugar no vindeiro mes de xuño no renovado Parque Monte do Gozo, forma parte dunha ampla programación musical por todo o territorio, posto que ademais se organizarán concertos polas principais cidades da Comunidade. O obxectivo é adiantarse ao Xacobeo 2021 cun evento de primeiro nivel, que situará a Galicia no panorama musical nacional e internacional. 

    En concreto, O Son do Camiño estará encabezado por recoñecidos artistas e bandas de música como The Killers, Lenny Kravitz, Jamiroquai, Martin Garrix, Two Door Cinema Club, Franz Ferdinand ou Mando Diao. Terá lugar ao longo de 3 días, do 28 ao 30 de xuño, no espazo de festivais do Parque Monte do Gozo, que está a ser remodelado nos últimos tempos como parte do seu Plan de Actuación. Con capacidade para 24.000 asistentes cada xornada, o recinto contará con dous escenarios, área de restauración, mercadiño e unha zona de acampada.

     Román Rodríguez explicou que o vindeiro Xacobeo 2021 nace cunha nova filosofía que abrangue non só un ano, senón que “comeza neste 2018 coa programación que hoxe presentamos e se estende durante os vindeiros anos 2019, 2020 e 2021”. O conselleiro de Cultura puxo en valor o papel relevante que xoga a cultura feita en Galicia, «que, sen dúbida, terá un protagonismo especial dentro do Xacobeo. O Son do Camiño é un bo comezo nesta senda». Ademais, destacou a potencia da Comunidade á hora de organizar festivais e, neste sentido, avanzou que este ano se incrementarán as axudas en concorrencia competitiva para festivais, pasando dos 220.000 aos 280.000 euros.

    «En definitiva, este gran festival, e os diferentes concertos que se programarán polas principais cidades de Galicia situarán á Comunidade como punto de referencia musical, e cultural, a nivel internacional», remarcou Román Rodríguez.

    Pola súa banda, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, salientou que O Son do Camiño “é a primeira etapa dun longo percorrido no que a Xunta leva traballando desde hai máis de dous anos, ao abeiro do Plan director do Camiño de Santiago”. Neste sentido, lembrou que xa están en marcha máis do 50% das accións previstas neste documento. “Nunca Galicia preparara con tanta antelación a chegada dun Ano Santo”, subliñou.

    Así mesmo, lembrou que proxectos como este precisan de toda a sociedade, pois “Xacobeo é sinónimo de suma” como proba “o binomio cultura e turismo que leva reportando 25 anos de éxito ininterrompido” desde o Xacobeo 93. “O Xacobeo 2021 tamén será inesquecible para os galegos e para os peregrinos de todo o mundo que fan posible a ruta”, afirmou.

    Entradas á venda o 1 de marzo

    O cartel do macrofestival, con nomes que en moitos casos visitarán Galicia por primeira vez, o integran tamén León Benavente, The Gift, C. Tangana, La M.O.D.A., Carlos Sadness, Toundra, The Last Internationale, Talisco, Morgan, Rufus T. Firefly e Plya. Ademais, haberá unha nutrida representación de grupos galegos como Novedades Carminha, Triángulo de amor bizarro, Eladio y los Seres Queridos, Arce, Malandrómeda, Bala, Furious Monkey House, True Mountains e Agoraphobia. E aínda poderían sumarse novos artistas.

    Os abonos poranse á venda a partir do 1 de marzo na web oficial do festival e en Ticketea cun prezo especial de lanzamento de 39 euros. Ademais, como parte desta programación, haberá seis concertos nas principais cidades, que se irán dando a coñecer proximamente.

    O festival, patrocinado pola Xunta de Galicia, contribuirá a promover a imaxe de Galicia no ámbito internacional a través dun dos seus principais activos turísticos e culturais: o Camiño de Santiago. Ademais, será unha oportunidade para difundir os valores e o talento local, para reforzar o tecido empresarial galego e para fomentar a colaboración público-privada, co desenvolvemento dunha programación cultural de maneira conxunta e coordinada.

    80% da contratación en Galicia

    Como se puxo se manifesto na presentación de O Son do Camiño, festivais como este son instrumentos de carácter cultural dirixidos a un público obxectivo concreto que, ademais, se erixen como verdadeiros dinamizadores do sector turístico, pois hoteis, restaurantes e comercios atenden máis demanda e xeran máis emprego e profesionais especializados.

    De feito, agárdase un notable impacto económico para Santiago de Compostela, a súa área de influencia e, en xeral, para Galicia. Ao compromiso do festival co tecido económico galego se suma que contratará un 80% das súas necesidades a empresas da Comunidade.

    O turismo musical, cultural e de eventos é un recurso á alza, que crea industria e xera impacto económico na zona onde se celebra. O obxectivo é, por tanto, múltiple. Por unha banda, xeraranse fitos de programación cultural de impacto que potenciarán o atractivo do Xacobeo 2021, un evento que será declarado polo Goberno central Acontecemento de Excepcional Interese Público, con bonificacións fiscais para os patrocinadores durante tres anos. Así, Galicia posicionarase no mapa das grandes producións musicais e enriquecerá o seu panorama de festivais, que conta con citas moi salientables ao longo do verán.

    Programación cultural e turística

    Ademais, esta programación supón a oportunidade de artellar unha serie de eventos coordinados por empresas e profesionais locais, potenciando a industria cultural e creativa de Galicia, atraendo a turistas musicais e facendo partícipe á cidadanía desta celebración.

    O Son do Camiño, unha iniciativa de la UTE formada polas empresas Old Navy Port Producciones, S.L. e Esmerarte Industrias Creativas, S.L., patrocinada pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Estrella Galicia, aspira a converterse no principal festival de música independente de Galicia polo deseño da súa programación, capacidade de convocatoria e repercusión fóra dos nosos límites. Ademais, preséntase como un festival sustentable e respectuoso co medio, adaptado aos recursos sociais, económicos e ambientais dispoñibles.

    Este festival será só o punto de partida da programación musical do vindeiro Xacobeo 2021, unha cita pola que desde a Xunta de Galicia se está a traballar xa intensamente despois que a comezos de ano fora aprobada a creación da Comisión Organizadora interadministrativa.

    43

    RelacionadosArtículos

    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo
    Local

    La Xunta convoca un concurso de ideas para ampliar el Museo do Mar e integrar una villa romana

    08 de Nov, 2025
    A partir de 2026 tendrás que salir al mar con el móvil y declarar incluso tu día de pesca nulo
    Actualidad

    A partir de 2026 tendrás que salir al mar con el móvil y declarar incluso tu día de pesca nulo

    08 de Nov, 2025
    Escogen Vigo para demostrar que la diabetes no está reñida con la vida activa
    Actualidad

    La Diputación de Pontevedra moviliza el Camino de Santiago como motor del turismo en las Rías Baixas

    08 de Nov, 2025
    Dos Premios Nobel lideran la cumbre que diseña desde Vigo el futuro económico mundial
    Local

    Dos Premios Nobel lideran la cumbre que diseña desde Vigo el futuro económico mundial

    08 de Nov, 2025
    Un icono de la Navidad de Vigo vuelve con cena gourmet y un Grinch sorpresa
    Local

    Un icono de la Navidad de Vigo vuelve con cena gourmet y un Grinch sorpresa

    08 de Nov, 2025
    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui
    Tui

    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui

    08 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR