Trátase da ampliación da área de ultradesinfección de escopias xeral co obxecto de asumir o incremento de actividade resultante da implantación do Programa de Detección Precoz de Cáncer Colorectal e que obriga a unha maior utilización e rotación deste instrumental.
Esta zoa, emprazada na planta -1, é compartida polos servizos de Pneumoloxía, Uroloxía, Cirurxía xeral e Aparello Dixestivo.
Con esta actuación, dotarase a área dun espazo físico con maior superficie, o que posibilitará a incorporación de novo equipamento. Así, unha vez rematada a reforma, dotarase con 1 lavadora e 3 puntos de lavado máis, pasando a dispoñer dun total de 8 lavadoras e 7 puntos de lavado.
Ademais, habilitarase unha zoa especifica e diferenciada para secado. Con este proxecto vaise mellorar tamén as condicións de intimidade dos pacientes, habilitándose un acceso especifico á sala de espera.
Esta área é atendida por 11 TCAES (Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría) que rotan polo servizo.
En definitiva, coas actuacións a desenvolver vaise mellorar en gran medida a capacidade, os circuítos, a seguridade e a eficiencia da área; ademais dos aspectos de intimidade dos pacientes.