Á súa chegada ao hospital, o usuario debe identificarse nun destes Puntos de Información Multimedia introducindo a súa tarxeta sanitaria no lector, que aos poucos segundos expenderá un tícket informativo co nome do servizo que lle prestará a atención, o lugar e hora de presentación na sala de espera desa consulta e mais o seu número de quenda. Ese número será o que apareza nas pantallas da sala de espera cando o paciente sexa chamado a consulta.
Neste senso, unha vez que o usuario se identifique, o sistema comproba se o paciente ten citas nese día. Se non ten citas, o tícket expedido mostra unha mensaxe notificándollo; e se nese mesmo día coincídenlle varias citas, se imprimirá un tícket informativo por cada unha delas.
Ademais, o sistema tamén aporta vantaxes para o traballo dos facultativos, que xestionarán mellor o tempo dedicado a asistencia xa que contan cun programa informático co listado da axenda diaria, e poden ver en todo momento o estado real de cada unha das citas; isto é, se o paciente xa se presentou no hospital ou non, se está en espera de ser atendido, se está en consulta, ou se xa foi atendido.
É dicir, este modelo permite realizar un seguimento ao paciente durante todo o proceso ambulatorio, desde a súa chegada ao centro, a chamada á consulta, e a finalización da actividade.
Garante o dereito á privacidade dos usuarios
Unha vez que o paciente obtén o tícket co seu número de quenda, ten que dirixirse á sala de espera indicada, onde será chamado cando lle toque a quenda de pasar á consulta.
No momento do aviso parpadeará o número chamado, así como a consulta á que debe dirixirse. Con este sistema en ningún momento aparecen datos persoais identificadores do paciente.
Nas pantallas de visualización tamén se poden visualizar diferentes contidos multimedia que ofrecen mensaxes sobre a seguridade dos pacientes e consellos de educación sanitaria.
Este sistema de automatización vai acompañado de atención personalizada nos Puntos de Información e Recepción atendidos por persoal do Meixoeiro.
Os usuarios poderán achegarse a este punto para obter o tícket sempre que o necesite, no caso de imprevistos como esquecerse a tarxeta sanitaria ou que a tarxeta presente imperfeccións que impida sexa recoñecida polo lector.