Segundo explicou, a lexislación vixente impide aos municipios reinvestir o superávit, que teñen que destinar a saldar débeda. «Isto é un disparate, porque os municipios como Vigo que non teñen débeda que facemos. Vigo ten débeda cero e queremos dicir aos cidadáns que coa nosa eficiencia podemos facer outras cousas, falamos dun gran volume de investimento», engadiu o alcalde.
Caballero sinalou que, se o Parlamento de España non resolve esta cuestión, o superávit de Vigo irá «á caixa, pasará a quedarse en remanentes, diñeiro que queda metido nun banco», polo que reclama que este aforro poida dedicarse ao «benestar da xente de Vigo» e puxo como exemplo plans de emprego, política social, humanizacións, instalacións deportivas ou política cultural.
«Queremos usar os 12 millóns na cidade pero o prohibe Montoro», explicou o alcalde, quen engadiu que «reclamamos que ese diñeiro se utilice na cidade de Vigo; reclamamos que non se utilice desde a Xunta de Galicia, poño por caso, para Santiago ou Coruña, ou que non se utilice na Comunidade de Madrid, poño por caso, para o Concello de Madrid: queremos que se invistan en Vigo porque os aforramos en Vigo», concluíu.