• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 8 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    “O primeiro elepé vigués» para difundir o Pergamiño Vindel

    Rosa Cedrón, Susana Seivane, Eladio Santos, Wöyza, Patricia Moon e Iván Ferreiro, entre a ducia de músicos que participarán no concerto o vindeiro 3 de marzo no Teatro Afundación
    Redacción por Redacción
    24 de Ene, 2018
    en Música
    0
    “O primeiro elepé vigués» para difundir o Pergamiño Vindel

    A actuación principal vai ser O primeiro elepé vigués, o día 3 de marzo, no Teatro Afundación da cidade da oliveira, na que participarán artistas do talle de Rosa Cedrón, Susana Seivane, Iván Ferreiro, Patricia Moon, Wöyza ou Eladio Santos, entre un longo elenco. Eles “recuperan e honran a memoria dos trobadores de tempos pasados a través dunha homenaxe aos músicos, trobadores e trobadoras, do século XXI”, segundo explicou durante o acto de presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

    A programación musical ponse en marcha xa un mes antes, o 2 de febreiro, día no que o trío Ulobit presenta unha proposta única, “mestura de audiovisual, música, danza e voz, cunha linguaxe de vangarda na que latexan as cantigas de Martín Códax”, segundo engadiu Anxo Lorenzo referíndose ao concerto Variacións sobre as cantigas do Pergamiño Vindel, que terá lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

    O secretario xeral de Cultura estivo acompañado polo director xerente de Afundación, Pedro Otero, e pola directora de márqueting de Martín Códax, María Garrido, ambas entidades colaboradoras dos concertos; polo xerente de Sinsal e director artístico da programación, Julio Gómez, e polo director do Museo do Mar de Galicia, Vicente Caramés.

    Homenaxe aos trobadores e trobadoras do século XXI
    O multitudinario concerto «O primeiro elepé vigués», que terá lugar no Teatro Afundación, con capacidade para 1.500 persoas, porá o broche de ouro á presenza do Pergamiño Vindel en Galicia, no que será unha homenaxe aos “trobadores e trobadoras” do século XXI, artistas completos que levan a música popular a unha nova dimensión.

    O cartel conta coa presenza de Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Wöyza, Iván Ferreiro, Patricia Moon, Eladio Santos, Víctor Coyote e Lucía Fernández, nun espectáculo presentado por Lydia Botana. Os artistas, representantes de distintas xeracións de músicos galegos actuarán en solitario ou interpretando versións a dúo. O concerto, que dará comezo ás 21.00 horas, ten un prezo de cinco euros.

    Variacións sobre as cantigas
    Variacións sobre Martín Códax é unha residencia artística multidisciplinar para facer unha reinterpretación musical das sete cantigas de Martín Códax contidas no Pergamiño Vindel. Trátase dunha proposta única arredor destas composicións da literatura medieval galego-portuguesa, creada polo trío Ulobit. Un concerto inmersivo onde son, vídeo, luz, movemento e palabra ofrecen unha visión actual sobre os textos e as músicas do pergamiño.

    Os artistas convidados son a bailarina Ánxela Blanco, a cantante Alba María, a percusionista Lucía Martínez e o clarinetista Fernando Abreu. Elas, xunto coa zanfona de Ariel Ninas, a electrónica de Xoán-Xil López e a creación videográfica de Horacio González, compoñentes do trío Ulobit, traerán de volta as creacións do trobador medieval nunha mestura de música, canción, danza e espectáculo audiovisual.

    A experiencia terá lugar o día 2 de febreiro, ás 20.30 h na sala da lonxa do reloxo, no Museo do Mar de Vigo. A entrada é gratuíta.

    Outros concertos no Museo do Mar de Galicia
    O concerto Os nosos: Martín Códax e o seu tempo ten dúas partes ben diferenciadas. Na primeira lembraranse voces senlleiras da lírica medieval galego-portuguesa, como Mendinho, Johan de Cangas, D. Denís ou Afonso X. A segunda parte vai ser a estrea absoluta da obra As sete cantigas de Martín Códax, de José Barja Iglesias. O recente falecemento deste músico, compositor, profesor e mestre organista converte este concerto nunha homenaxe póstuma á súa figura.

    Dirixido por Alberto Abal, participan no recital a Coral María Auxiliadora de Vigo, a Coral da UVDC Candeán de Vigo, a Coral O Piñeiral de Chapela, o coro Proxecto vocal de Vigo, con textos de Benito Pérez e Katu Silva como relatora. Interpretarán a música Bea González á arpa, Teresa Gómez á zanfona, Alejo Amoedo ao piano e Chuco Estévez na percusión. A cita é o domingo 25 de febreiro, ás 12.00 h, no Museo do Mar de Galicia. A entrada é de balde.

    No mesmo lugar, o día 1 de marzo, ás 19.00 h o departamento de música antiga do Conservatorio Superior de Música de Vigo interpretará As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel. Os instrumentos que se tocarán na función están documentados na música medieval galega. O programa presenta unha recreación musical das sete cantigas de amigo de Martín Códax, a partir da información recollida no Pergamiño Vindel, e acompáñase de breves introducións explicativas.

    A voz de Esperanza Mara e as interpretacións de Sara Ruíz á fídula, Rebeca Carrera coa zanfona, Rafael Muñoz, no oud e Carlos Castro, percusión e salterio traerán de novo á vida estas composicións medievais.

    O Pergamiño Vindel en Galicia
    Estas actividades enmárcanse no peche da programación de actividades que a Xunta despregou en toda a comunidade, vinculada á mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que recibira ata onte a visita de 31.700 persoas.

    Unha programación que deu comezo no mes de outubro, coas travesías marítimas Ondas do mar de Vigo, e que se foi completando con obradoiros, ciclos de cine, un certame de videocantigas para os centros educativos, vermús nas librarías ou un concurso de tapas, entre outras iniciativas que buscan poñen en valor entre a sociedade galega a presenza deste testemuño excepcional da nosa cultura.

    A programación organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria arredor do Pergamiño Vindel pode consultarse na web de Cultura.

    43

    RelacionadosArtículos

    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y  accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada
    Tui

    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada

    07 de Nov, 2025
    Vigo se consolida como el nuevo gran plató de la ficción española
    Local

    Vigo se consolida como el nuevo gran plató de la ficción española

    07 de Nov, 2025
    Abanca lanza un plan de choque para frenar la crisis de las cofradías gallegas
    Actualidad

    Abanca lanza un plan de choque para frenar la crisis de las cofradías gallegas

    07 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    07 de Nov, 2025
    Un astillero vigués construirá un buque ultratecnológico para la Armada
    Marítima

    Un astillero vigués construirá un buque ultratecnológico para la Armada

    07 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR