A formación política lembrou que xa no ano 2016 emendou na proposta de ordenanzas fiscais para o 2017 a que consideraba unha subida brutal dos prezos para a escola de danza, onde pedía manter o sistema de pago anual así como un aumento da subvención municipal para o mantemento das mesmas.
«Este servizo debe cubrirse con financiamento municipal e non con incrementos nas matriculacións. Hai moitas familias que non van poder facer fronte a estes prezos. Cando foron matricularse en setembro, descoñecían que aos catro meses o recibo mensual ía triplicarse, sendo aprobadas as ordenanzas que consolidaban esta subida apenas uns días antes da finalización do prazo de matrícula», explica Xosé Lois Jácome.
Marea de Vigo vai solicitar os datos de matriculación dos últimos anos, así como á volta ao sistema anterior ao 2017, que permitía a moitas familias viguesas poder matricular os seus fillos nestas escolas municipais.
«Estas actividades contan con moito respaldo popular, resultando ademais ser interxeracionais. Destas escolas saen multitude de grupos de musica e danza que veñen formar parte da vida cultural da cidade e polo tanto, deberían non só ser coidadosamente mantidas senón fomentadas, xusto ao contrario do que está acontecendo», remata Jácome.