• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 24 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O persoal de Maderas Iglesias demanda apoio do Parlamento para garantir postos de traballo

    Os representantes sindicais da empresa do Porriño reuníronse co IGAPE e cos partidos políticos
    Redacción por Redacción
    28 de Dic, 2017
    en O Porriño
    0
    O persoal de Maderas Iglesias demanda apoio do Parlamento para garantir postos de traballo

    Pola súa banda, os representantes do Goberno galego trasladáronlle aos traballadores o “apoio” da administración autonómica “poñendo a súa disposición a mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais co obxectivo de que as negociacións avancen, agardando unha solución o antes posible”. A Xunta defende a vía do diálogo como mellor fórmula para que a situación xerada teña o menor impacto posible.

    Ademais, representantes do PSdeG rexistraron varias preguntas dirixidas ao Goberno galego para saber que está disposto a facer para evitar o peche da empresa, salientando a “importancia social e económica” que ten a firma nas vilas nas que opera.

    Así mesmo, lembraron que existe un acordo do Pleno do Parlamento que aprobou por unanimidade unha proposición non de lei que instaba ao Executivo autonómico a “facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias coa finalidade de procurar a viabilidade e a continuidade da empresa, velar polos dereitos laborais e polo mantemento do emprego”.

    As negociacións entre os empregados e a dirección da empresa comezaron o pasado día 12 de decembro. Segundo explica o presidente do comité, Vicente Morales, da CIG, Maderas Iglesias puxo sobre a mesa a liquidación de 140 postos de traballo dos 249 cos que conta na actualidade, ou a liquidación de todos, se esta proposta non se acepta.

    “A empresa dá un prazo do 12 ao 30 de xaneiro para chegar a un acordo, pero non garante que vaia cumprir. Como lle dis a un traballador: vaste e cobrarás ou non? Iso é inviable”, denuncia Morales.maderas iglesiasPor ese motivo trasladaron a súa protesta ao Parlamento. “Queremos salvar a empresa e garantir os postos de traballo”, explicou a representante da CIG Enriqueta García. “Queremos no Parlamento que nos apoien, que haxa un compromiso político, porque  somos a maioría mulleres que estamos nunha idade moi crítica. Eu teño 45 anos, pero hai xente de 55 e 56 anos. Unha vez peche a empresa as mulleres, con esa idade, temos o mercado laboral pechado”.

    En pleno ERE a empresa vai á Feira de Valencia
    Os sindicatos denuncian ademais que houbo unha mala xestión e que a dirección da empresa non soubo aproveitar o repunte que houbo no ano 2015. Non entenden como é posible que nese momento mesmo se contratara máis persoal e que haxa unha débeda privilexiada cos bancos de máis de 34 millóns de euros que, ademais, non teñen intención de pagar.

    Para o presidente do comité tampouco é comprensible que en plena negociación da liquidación ou dun ERE extintivo e con esa situación económica á empresa se presente na Feira de Valencia. “Din que van repuntar a empresa, pero é unha contradición. Sabemos que a empresa ten esas débedas porque as vimos nas contas, que os bancos xa están presionando ao empresario porque xa non ten credibilidade ante ninguén, pero en realidade só sabemos iso”.

    O Igape só fiscalizará a actuación da empresa
    Esa é precisamente a información que pretendían obter no Igape, ademais dun compromiso de apoio que non chegaron a conseguir. Xulio Vicente, representante da CIG-Construción, denuncia os “malos modos” cos que foron tratados e explica que diante da negativa a recibir a asesores e alcaldes estes presentaron unha reclamación.

    Con todo aclara que, curiosamente, non chegaron a desprazarse até este organismo os alcaldes do PP e sinala que que o único compromiso que se lles trasladou aos representantes do comité é que van fiscalizar a actuación da empresa para que esta cumpra coa lei.maderas iglesias santiagoSituación crítica para as familias
    A situación para o persoal, que vén padecendo atrasos nos cobros das súas nóminas desde hai tempo, é moi delicada. “Hai traballadores aos que está axudando o propio Concello. Ata o de agora cobrabas o 10, o 15 ou máis do 20. Iso para unha familia que teña unha hipoteca, repercute en todo”, lamenta o presidente do comité.

    Morales lembra que Maderas Iglesias chegou a ter máis de 800 traballadores e que Concellos da zona cren que é viable como empresa. Por iso reclama que se lles aclare exactamente cal é a situación. “A información que temos é o que nos conta o empresario”, afirma, e se non se fai algo antes, ou se acepta o acordo de liquidar os 140 postos de traballo ou a empresa pecharía o día 13 de febreiro.

    “As consecuencias serían terríbeis para as familias mais tamén para a zona, pola cantidade de postos de traballo que hai en xogo. Por iso esta xoves tamén se trasladaron alcaldes para apoiar as demandas do persoal”, indican dende a CIG.

    43

    RelacionadosArtículos

    Iago Aspas Juncal ya es la leyenda más grande del Celta
    Celta

    Iago Aspas Juncal ya es la leyenda más grande del Celta

    23 de Oct, 2025
    A licitación la urbanización del último relleno en la ría de Vigo, que tendrá carril bici
    Local

    A licitación la urbanización del último relleno en la ría de Vigo, que tendrá carril bici

    23 de Oct, 2025
    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia
    Local

    Miedo y asco en Navia: los vecinos, hartos de vivir rodeados de narcopisos

    23 de Oct, 2025
    Agregar stickers, emojis y efectos divertidos con un creador de vídeos con IA
    Ciencia y Tecnología

    Agregar stickers, emojis y efectos divertidos con un creador de vídeos con IA

    23 de Oct, 2025
    Freire Shipyard construirá un buque de última generación para la acuicultura marina
    Marítima

    Freire Shipyard construirá un buque de última generación para la acuicultura marina

    23 de Oct, 2025
    Alarma en los hoteles de Vigo y resto de la provincia por ciberataques en sus reservas de Booking
    Actualidad

    La provincia de Pontevedra se vuelve un imán para los turistas de Estados Unidos y Europa

    23 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 9

    Más Vistos

    A la venta en Vigo el chalet más lujoso (a pie de playa y con vistas a las Cíes) de todo el litoral gallego

    A la venta en Vigo el chalet más lujoso (a pie de playa y con vistas a las Cíes) de todo el litoral gallego

    por Redacción
    17 de Oct, 2025
    0

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    por Redacción
    22 de Oct, 2025
    0

    Rincón histórico de Vigo con trampa

    Rincón histórico de Vigo con trampa

    por Julio Alonso
    20 de Oct, 2025
    0

    La bicicleta en la ventana

    La bicicleta en la ventana

    por Julio Alonso
    17 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La Casa de la Juventud al ralentí
    Más Vigo

    La Casa de la Juventud al ralentí

    El chalet de El Pilar, en el número 31 de la Rúa López Mora, de la ciudad de Vigo, alberga...

    por Julio Alonso
    23 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo
    Libros

    El Museo do Mar de Vigo acoge la gran fiesta de la poesía con dos ganadoras de lujo

    El Museo do Mar de Vigo se convertirá el viernes 24 de octubre, a las 20:00 horas, en el epicentro...

    por Redacción
    23 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR