• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 31 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un estudo de investigadores de Vigo e Ecuador suspende en transparencia a TVE e RTP

    Iván Puentes e Paulo Carlos López desenvolveron un método para avaliar ás corporación neste eido. Dos 58 indicadores propostos, a cadea española superaba o 45% e a portuguesa o 33%
    Redacción por Redacción
    21 de Dic, 2017
    en Televisión
    0
    Un estudo de investigadores de Vigo e Ecuador suspende en transparencia a TVE e RTP

    “Os medios de comunicación públicos desenvolven un papel transcendental á hora de conformar a opinión pública, polo que entendíamos que debían de estar suxeitos á mesma esixencia de transparencia que calquera administración publica”, salienta Puentes dun método de avaliación que aplicaron ás corporacións españolas e portuguesas, RTVE e RTP, a través dunha análise das súas webs. Análise na que TVE lograba superar o 45,7% dos ítems propostos, mentres que a radio televisión portuguesa só acadaba o 33,7%.

    Encadrada nas investigacións da rede internacional Xescom, que lidera o grupo Novos Medios da USC e da que forma parte o grupo CP2 da Universidade de Vigo, esta liña de estudo ten como obxectivo principal definir unha “metodoloxía que puideses aplicar para avaliar a transparencia das televisións públicas de diferentes países” co propósito de “crear unha especie de panel que poidamos ir actualizando periodicamente para ver tamén como evolucionan e, sobre todo, para que poidas comparar con criterios obxectivos os seus niveis de transparencia”, relata Puentes dunha análise que centran nos portais web das corporacións, “que son elementos accesibles nos que poder atopar información compilada e estruturada de xeito que permita un fácil acceso”.

    Maior grao de transparencia no acceso a contidos, menor no institucional
    Estruturado en tres bloques, este panel aborda nun primeiro apartado a transparencia no ámbito institucionalanalizando se os entes recollen ou non información sobre a lexislación que lles é de aplicación, o sistema de designación dos membros dos seus consellos de administración e asesor, as actas das reunións destes órganos e os gastos de representación dos seus membros ou a publicación de informes de rendición de contas ou a existencia dun código.

    Nun segundo bloque, centrado no eido económico e de infraestruturas, analízase se fan públicas as súas contas anuais e informes de auditoría, a contía que se lles adxudica nos orzamentos do estado, as subvencións e achegas económicas recibidas ou o investimento que realizan en cine ou nos dereitos de grandes eventos.

    Por último, un terceiro apartado centrado na produción de información e acceso a contidos avalía a presenza de información sobre o comité de redacción, a liña editorial, a existencia ou non dun código ético e dun defensor do espectador, as canles para a participación do público, os datos de audiencia ou os mecanismos de control de calidade.

    No caso concreto das televisións española e portuguesa, que Puentes e López avaliaron, xunto á tamén investigadora da Pontificia Universidad Católica del Ecuador Mónica López Golán, na Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información, celebrada o pasado verán en Lisboa, ambos entes amosaban un maior nivel de transparencia neste último bloque, no que TVE superaba o 65% dos ítems propostos e a RPT o 53%. No relativo aos indicadores económicos, a corporación española ofrecía información do 42% dos indicadores, mentres que a RTP obtiña o seu “peor nivel de transparencia”, por debaixo do 16%.

    Por último, ambas amosaban un grao de transparencia similar no relativo á información institucional, con puntuacións do 37% e do 35%, respectivamente, e coincidían tamén á hora de recoller “escasa información” do seu consello de administración e dos seus consellos asesores.

    Do 62% ao 45%
    Tomando como referencia indicadores de transparencia empregados para avaliar a diferentes administracións públicas e investigacións sobre boas prácticas en materia de comunicación, Puentes e López desenvolveron un primeiro panel de 29 indicadores que, nun artigo publicado na Revista Latina de Comunicación Social xunto ao tamén investigador de CCSS e da Comunicación Xosé Rúas, aplicaban á TVE e a Televisión Nacional de Chile, que obtiñan, en ambos casos, unha puntuación do 62%.

    Tras analizar posteriormente, con este mesmo panel as televisións dos países da Comunidade Andina, os investigadores ampliaron, mantendo a mesma estrutura, o número total de indicadores, “sobre todo con aspectos específicos sobre televisión, o que fai que a puntuación que se lles vai asignando descenda”.

    Nese senso, Puentes incide en que, máis aló do dato numérico, será a comparación con outros países “a que permita valorar cualitativamente como está TVE”, que a pesares de contar «cun portal de transparencia moi bo, observamos que moita da información que hai non é relevante ou está mal estruturada”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Jonas Böhlmark, el nómada sueco, recorre a Galicia tras más de 1.000 días de aventura
    Deportes

    Jonas Böhlmark, el nómada sueco, recorre a Galicia tras más de 1.000 días de aventura

    31 de Jul, 2025
    La CEG exige al gobierno reducir la presión fiscal y garantizar la inversión
    Economía

    La CEG exige al gobierno reducir la presión fiscal y garantizar la inversión

    31 de Jul, 2025
    El PSdeG demanda a la Xunta la activación de una mesa de diálogo para reformar el servicio de Ayuda en el Hogar
    galicia

    El PSdeG demanda a la Xunta la activación de una mesa de diálogo para reformar el servicio de Ayuda en el Hogar

    31 de Jul, 2025
    La Diputación de Pontevedra se divide en la defensa de Vigo como sede del Mundial 2030
    Actualidad

    El pleno de la Diputación de Pontevedra aprueba la cuarta modificación de crédito en este mandato

    31 de Jul, 2025
    La motonáutica gallega lanza una beca histórica en Vigo para formar a sus próximos campeones
    Náutica y Vela

    La motonáutica gallega lanza una beca histórica en Vigo para formar a sus próximos campeones

    31 de Jul, 2025
    La Xunta invierte 3.5 millones y completa la red gallega de biorresiduos en Vigo
    Local

    La Xunta invierte 3.5 millones y completa la red gallega de biorresiduos en Vigo

    31 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Alerta por calor en las Rías Baixas, donde se prevén máximas por encima de los 34 grados

    Alerta por calor en las Rías Baixas, donde se prevén máximas por encima de los 34 grados

    por Europa Press
    30 de Jul, 2025
    0

    Caballero cancela «in extremis» la reunión con la Xunta para  abordar los túneles de Elduayen y Beiramar

    “¿Qué clase de gobierno comienza una obra y la deja a medias? Los vigueses no quieren más esqueletos”

    por Redacción
    30 de Jul, 2025
    0

    Más aparcamientos y 60 viviendas: el cambio que Urbanismo de Vigo valida para un nuevo edificio en San Roque

    Más aparcamientos y 60 viviendas: el cambio que Urbanismo de Vigo valida para un nuevo edificio en San Roque

    por Redacción
    24 de Jul, 2025
    0

    En obras (al fin) una vieja ruina de Vigo donde se rehabilitará un edificio de 100 años para ofrecer 8 viviendas

    En obras (al fin) una vieja ruina de Vigo donde se rehabilitará un edificio de 100 años para ofrecer 8 viviendas

    por Redacción
    24 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La corresponsal Cristina Olea en Vigo
    Más Vigo

    La corresponsal Cristina Olea en Vigo

    El pasado miércoles 23 de julio, en la librería Librouro, de Vigo, se presentó el libro “La gran fractura americana”,...

    por Julio Alonso
    31 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados
    Opinión

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados

    Este 26 de julio se cumplen 150 años del nacimiento de uno de los personajes más influyentes de la Generación...

    por Cristina Lorenzo
    26 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR