• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 26 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os primeiros Premios da Xuventude galardoan o «enorme talento» da mocidade da provincia

    Foron galardoadas iniciativas de rapaces e rapazas de toda a provincia con proxectos sociais, de emprendemento, educación en valores, novas tecnoloxías, música e literatura
    Redacción por Redacción
    30 de Nov, 2017
    en Actualidad
    0
    Os primeiros Premios da Xuventude galardoan o «enorme talento» da mocidade da provincia

    Na súa intervención, Silva mostrou a súa emoción. “Sabíamos que tiñamos unha xuventude con moito talento, pero o que hoxe estou a mirar me sobrepasou. Sempre se fala de que o pasado foi mellor pero con esta mocidade se demostra que non é así. Tiñades o noso recoñecemento porque non o tedes nada fácil, crecendo no medio dunha profunda crise, e enfrontando empregos precarios e salarios baixos despois de formarvos como os dixeron”, sinalou.

    A presidenta provincial mostrouse “moi feliz porque somos unha provincia moi creativa cunha xuventude que deixa claro que quere vivir nunha sociedade máis solidaria e con máis dereitos, comprometida co seu tempo, que traballa pola igualdade, pola diversidade“. Silva tamén fixo especial referencia “as moitas mulleres novas que vexo nesta sala e que queren ocupar espazos públicos como nos corresponde ao ser o 52% da poboación. Desde a Deputación queremos mostrar ese talento porque co voso traballo reflectides o moito que aportamos as mulleres á sociedade”. A presidenta da Deputación felicitou aos gañadores e gañadoras dos Premios. “Hai futuro, podemos ser optimistas porque co profesorado e o alumnado que temos podemos facer unha sociedade distinta. Hoxe hai aquí un grande arco da vella cos nomes dos mellore valores do ser humano. Síntome moi orgullosa”, rematou.

    En total presentáronse aos primeiros Premios Provinciais á Xuventude 91 traballos dos cales 29 foron propostas para a modalidade de fotografía, 24 para traballos literarios breves, 15 gravacións musicais, 12 propostas na categoría de blogs, 6 de iniciativa empresarial, 3 proxectos de educación en valores e 2 de iniciativa social. O xurado tivo que seleccionar entre as 91 propostas enviadas aos premios as tres mellores nas modalidades de traballo literario breve, traballo musical, fotografía e blogs e as dúas mellores nas categorías de iniciativas sociais e empresariais e traballos de educación en valores.

    Na modalidade de iniciativa social, o primeiro premio, valorado en 2.000 euros, destinouse a Pablo Romero Chorén de Lalín polo “Mes cultural de axuda ao pobo saharaui”. Esta iniciativa trátase dun proxecto solidario composto por diferentes actividades coa finalidade de visibilizar a situación da poboación saharaui e sensibilizar á poboación galega do conflito do Sáhara Occidental. Pola súa banda, o segundo premio, valorado en 1.000 euros, foi para o Centro Xuvenil ABERTAL de Vigo polo “Club de ocio para persoas con discapacidade” que se trata dun espazo de encontro e convivencia entre mozos e mozas para impulsar a súa formación persoal e o seu desenvolvemento integral.

    Xulián Chapela García, de Moaña, recibiu o primeiro premio na modalidade de iniciativa empresarial (valorado en 2.000 euros) polo seu proxecto “Xiro Atlántic Denim”, que consiste na venda ao por maior e ao detalle de prendas denim ecolóxicas, de confección e acabado en Galicia. O segundo premio, de 1.000 euros, foi para Guillermo Juncal Peñas por “La Boda de Nerea”, unha iniciativa empresarial de publicidade e difusión de empresas do sector nupcial e organizadoras de eventos.

    Na modalidade de educación en valores o IES Pintor Colmeiro de Silleda recibiu o primeiro premio, de 2.000 euros. A súa iniciativa trátase dun traballo que se estende máis alá do marco educativo do centro escolar, implicando ás mozas e aos mozos nos conflitos que xorden na súa comunidade. Nesta mesma categoría de educación en valores o segundo premio, valorado en 1.000 euros, foi para Filipenses Misioneras de Enseñanza cun proxecto no que se valora a diversidade e a inclusión do alumnado con TEA dentro da aula.

    Mónica Lemos Giráldez, de Ponteareas, recibiu o primeiro premio (1.500 euros) na modalidade de blogs pola iniciativa “Obxectivo Tutti-Frutti”, de transmisión de coñecementos sobre novas tecnoloxías. O segundo premio (1.000 euros) desta categoría foi para Ángel Santomé Fentanes, de Cerdedo-Cotobade, por “Guíate Galicia”, un blog de promoción da cultura e patrimonio de Galicia e de difusión dos servizos profesionais como guía turístico ofertados polo autor. Pola súa banda, o terceiro premio (500 euros) na modalidade de blogs foi para Miguel García, de Bueu, por “Aernobriga” no que se contan historias de Beluso e de Bueu, de arqueoloxía e de memoria.

    Na modalidade de fotografía orixinal, recibiu o primeiro premio, valorado en 1.500 euros, Andrea Mariño Aguilar, de Baiona, por “Señoras bien señoras fetén”. O segundo premio (1.000 euros) foi para Sarai Costa Deza, de Sanxenxo, por “Espera” e o terceiro (500 euros) para Diego Rincón Herbello, de Vigo, por “El descanso de la guerrera”.

    En canto aos mellores traballos musicais, recibiu o primeiro premio valorado en 1.500 euros Álvaro Manuel Beiró Rodríguez por “Dawn of inspiration”, unha peza de rock progresivo sonora e ben ordenada formal e temáticamente. O segundo premio, valorado en 1.000 euros, foi para Jairo Daponte e Eloi Pascual (Utopian Visions of the earth), de Mos e Vigo, por “Inmemorial”, unha peza de metal con traballo melódico de guitarra e tratamento textural. No caso do terceiro premio, valorado en 500 euros, foi para o IES As Barxas de Moaña por “Aínda que sexa un soño”, unha peza de pop xuvenil con estabilidade formal e moi comunicativa.

    Pola súa banda, o primeiro premio da modalidade de traballo literario breve, valorado en 1.500 euros, foi para Pablo Lourido de Vigo por “Facer as preces”, unha peza de grande calidade poética, madurez crítica e orixinalidade. Recibiu o segundo premio, de 1.000 euros, María Argibay, de Ponte Caldelas, por “Biquei a area”, un relato sólido e verosímil que consegue crear unha historia emotiva e veraz nun momento histórico ben documentado. O terceiro premio, de 500 euros, foi para Tamara Andrés, de Poio, por “Os amantes tráxicos”, un relato áxil, con dominio dos diálogos e unha conclusión sorprendente.

    A gala de entrega destes primeiros Premios Provinciais á Xuventude estivo amenizado pola rapeira “Rendi Núe” e a peza gañadora da modalidade de creación musical “Dawn of inspiration” de Álvaro Manuel Beiró Rodríguez. Amais, o escenario decorouse cun graffiti que pintaron durante a gala Nana e Lidia Cao.

    43

    RelacionadosArtículos

    Cierran al baño la playa de O Con tras detectarse un episodio «puntual» de contaminación por fecales
    Actualidad

    La Plataforma fronte á Masificación Turística pide el freno de las nuevas licencias VUT

    25 de Ago, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Celta

    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica

    25 de Ago, 2025
    Alerta máxima por graves incendios al norte de Portugal: desalojos, evacuaciones y bomberos heridos
    Actualidad

    El fuego no se apaga con las llamas: el plan de los Técnicos Forestales para salvar los montes gallegos

    25 de Ago, 2025
    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras
    Actualidad

    Los alcaldes socialistas denuncian la «irresponsabilidad» y falta de previsión de la Xunta

    25 de Ago, 2025
    Una enigmática estructura irrumpe en la Ría de Vigo
    Marítima

    Una enigmática estructura irrumpe en la Ría de Vigo

    25 de Ago, 2025
    Doce deejays aseguran el ritmo imparable de Galicia Fest
    Música

    Doce deejays aseguran el ritmo imparable de Galicia Fest

    25 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo habilitará 38 catres para personas sin techo en el pabellón del Berbés

    «Me siento desamparado y no sé qué hacer. ¿Cómo es posible que no tenga seguro un gimnasio municipal?»

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    Vigo se llena de turistas

    Vigo se llena de turistas

    por Julio Alonso
    19 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El negocio de las líneas aéreas
    Más Vigo

    El negocio de las líneas aéreas

    El aeropuerto de Vigo compite con el de Santiago de Compostela, con el de A Coruña y con el de...

    por Julio Alonso
    25 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR