A longametraxe conta a vida de Roslyn (Marilyn Monroe), unha muller que acaba de divorciarse e se atopa con dous amigos, Guido (Eli Wallach) e Gay (Clark Gable), cos que pasa uns días. Os dous homes namóranse dela e pronto amosarán os seus trazos máis negativos. A aparición dun terceiro amigo, Perce (Montgomery Clift), fai a convivencia insostible.
Esta é a sétima edición do ciclo Cine e Lingua, Let´s go to the Flicks, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo e que proxectará este cuadrimestre no Edificio Cambón cinco longametraxes, todas elas en versión orixinal (inglés) con subtítulos en castelán.
Ao remate da proxección, presentará e moderará un coloquio o profesor do Centro de Linguas, Keith Payne.
CICLO CINE E LINGUA The Misfits (John Huston, 1961) Data: 15 de novembro de 2017 Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo. |