• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 18 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación impulsa un novo plan de recuperación e prevención forestal

    A institución provincial disporá de 90 millóns de euros para que os concellos poidan dar resposta ás consecuencias e danos provocados pola vaga de lumes
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2017
    en Ponteareas
    0
    A Deputación impulsa un novo plan de recuperación e prevención forestal

    En total, todas as diferentes actuacións que a institución provincial porá en marcha a través deste plan global sumarán preto de 90 millóns de euros que permitirán que os concellos, dende estes momentos, poidan dar resposta ás consecuencias e danos provocados pola vaga de lumes, impulsar novos proxectos de prevención e adoptar un novo modelo forestal adaptado á situación á que se enfronta a provincia debido ao cambio climático.

    En liñas xerais o plan global, cuxo conxunto de iniciativas sumará preto de 90 millóns de euros, estrutúrase de xeito transversal a través das diferentes áreas da Deputación de Pontevedra no marco das súas competencias e respectando a autonomía municipal. Así, o plan impulsarase dende a cooperación municipal e dende a concienciación, prevención e cambio de modelo da política forestal na provincia de Pontevedra.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra detallou que a institución provincial vai posibilitar o cambio dos fondos do Plan Concellos 2017 para que os municipios poidan reparar os danos dos incendios acontecidos en outubro de 2017 en materia de infraestruturas municipais, bens, maquinaria e equipamentos municipais e infraestruturas locais de abastecemento de auga. Xunto a esta modificación, e coa finalidade de axilizar as actuacións de mellora de infraestruturas e servizos municipais así como para non condicionar e frear as previsións de investimentos dos concellos por mor dos danos dos incendios, a Deputación vai impulsar un Plan Concellos Bianual 2018-2019 o que vai supoñer –tal e como subliñou Silva- “unha inxección moi relevante de recursos para os concellos”. Máis polo miúdo, a través desta actuación os concellos poden dispoñer de 12 millóns de euros do Plan Concellos 2017, máis de 40 millóns de euros do Plan Concellos 2018 e máis de 30 millóns de euros que se corresponderían co Plan Concellos 2019.

    O vicepresidente César Mosquera insistiu en que a Deputación “está a reconducir case toda a actividade e orzamentos da institución provincial para aportar solucións realistas” e engadiu que “esta é a resposta máis potente que puidemos formular. Esgotamos os nosos recursos económicos e de coñecemento ata finais do mandato. É un esforzo para afrontar os danos e tamén para mostrar que hai outro camiño para facer as cousas doutra maneira. Non hai solucións máxicas. Si hai solucións realistas e ímolas poñer sobre a mesa con este paquete de medidas que acabamos de anunciar”, afirmou.

    Carmela Silva informou que “dentro deste apoio aos concellos da provincia estamos moi preocupados pola necesidade de cambiar o modelo da política forestal o que implica, tamén, a concienciación da cidadanía”. Neste eido, a presidenta da Deputación asegurou que “nos programas que poñamos en marcha, a partir destes momentos, imos introducir iniciativas educativas de forma transversal para impulsar un maior coñecemento do monte como medio natural, para concienciar á cidadanía sobre como previr ou como debe actuar ante situacións como a vaga de lumes que afectou á provincia en outubro de 2017”.

    E xunto a estas actuacións, tamén se van incorporar máis partidas a través do Plan Revitaliza, novos recursos do Plan de Parques Forestais, que faciliten a prevención e o cambio na política forestal, e o impulso dun estudio, sobre o que xa se falou coa Universidade de Vigo, elaborado por expertos e técnicos mundiais para plasmar directrices claras sobre como actuar no monte galego.

    Neste sentido, o vicepresidente quixo facer fincapé en que se ben o investimento económico é importante, tanto ou máis o será o asesoramento dos mellores expertos do mundo en materia forestal. Ao respecto, Mosquera tamén se referiu ao acordo coa Universidade de Vigo a través do cal técnicos e profesionais van elaborar en dous ou tres meses un documento con directrices de como actuar no monte que servirá de acción aos concellos é incluso á Xunta de Galicia. “Hai xente que sabe, e hai que facer unha revisión sistemática do que acontece e poñelo a disposición. Hai que descartar os problemas que non funcionan e recoller o máis avanzado do mundo, tanto de expertos galegos, portugueses, americanos, canadianos, australianos… que crearán un documento guía concreto e operativo”, explicou.

    Así mesmo, Mosquera subliñou que é preciso que os concellos se adapten ás condicións coas que terán que vivir no futuro á hora de utilizar os recursos económicos que aportará a Deputación: o quecemento global e o récord de emisións de CO2 á atmosfera. Destacou que hai anos que os expertos veñen anunciando que as consecuencias destes problemas ambientais se ían notar no Norte da Península Ibérica con máis temporais, máis seca e máis lume. “Agardemos que os concellos teñan en conta isto á hora de utilizar os recursos que poñemos a disposición, xa que teñen que ter un enfoque global de actuación para os problemas do monte. Non pode ser que teñan infraestruturas –de abastecemento de auga, de subministro, equipamentos…- en precario fronte aos incendios”, salientou o nacionalista, quen fixo fincapé unha vez máis en que tanto por extensión como polo seu estado, “a situación do monte é o peor problema ambiental de Galicia”.

    Pola súa banda, Carmela Silva recordou tamén que as administracións competentes para as liñas de axuda para a reparación dos danos son o Estado e a Xunta de Galicia e que son eles quen deben cubrir todas as consecuencias dos lumes. Silva lamentou que a día de hoxe o Goberno de España aínda non teña declarada á provincia de Pontevedra como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil e manifestou o seu desexo para que “hoxe, na reunión que o delegado territorial da Xunta de Galicia ten convocada cos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados polo lume, se diga que no próximo Consello de Ministros se vaia proceder a esta declaración xa que así se fixo cando aconteceron catástrofes en Andalucía e Valencia (en decembro do 2016) en cinco días e agardo que aquí, que levamos o triple de tempo, o fagan no próximo Consello”.

    43

    RelacionadosArtículos

    La Navidad de Vigo ya tiene sus mejores escaparates: premios por barrios
    Local

    La Navidad de Vigo ya tiene sus mejores escaparates: premios por barrios

    18 de Ene, 2026
    Más de 5.400 personas participan en el estudio gallego sobre la vacuna del virus sincital
    Actualidad

    Más de 5.400 personas participan en el estudio gallego sobre la vacuna del virus sincital

    18 de Ene, 2026
    La Xunta promocionará en Fitur el Camiño da Costa Inclusivo a su paso Vigo
    Local

    La Xunta promocionará en Fitur el Camiño da Costa Inclusivo a su paso Vigo

    18 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá
    Local

    Luisa Sánchez participa en la Festa do Cocido de Matamá

    18 de Ene, 2026
    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa
    Local

    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa

    18 de Ene, 2026
    Detienen a los dos sospechosos de atracar una sucursal bancaria en Vigo a mediados de abril
    Sucesos

    Juicio contra los atracadores de Abanca en Vigo: 117.465€ y huida en el BMW del director

    18 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De Vigo a Stonehenge, pasando por Carnac
    Más Vigo

    De Vigo a Stonehenge, pasando por Carnac

    Por Marcos Castro Vilas, As peculiaridades xeográficas e naturais da ría de Vigo para observar o sol e os solsticios...

    por Redacción
    18 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR