• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 18 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Sociedade Europea de Endocrinoloxía premia a unha bióloga viguesa

    A investigadora da Universidade de Vigo Yolanda Diz foi unha das tres gañadoras do Poster Prize Winner
    Redacción por Redacción
    14 de Sep, 2017
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A Sociedade Europea de Endocrinoloxía premia a unha bióloga viguesa

    Nesta ocasión presentáronse máis de 1.700 traballos e entre os tres mellores na categoría de ciencia básica atópase o de Diz Chaves, un estudo no que autora demostra que o liraglutide, un axente terapéutico empregado no tratamento da diabetes, é capaz de modular a reposta inflamatoria, o que permite abrir novas liñas de investigación para o tratamento e busca dunha cura para a diabetes e a obesidade, patoloxías que, á súa vez, están asociadas a múltiples enfermidades neurodexenerativas, entre elas o alzheimer.

    “Para min este premio supón unha gran satisfacción, o recoñecemento ao esforzo profesional e persoal, á constancia, ao traballo duro e ao convencemento de que se ía polo bo camiño”, subliña a investigadora, a quen a noticia do premio lle chega poucos meses despois de conseguir unha das axudas da Xunta de Galicia como ‘investigadora emerxente’ e de que un dos artigos do grupo, no que ela asina como primeira autora, recibise a certificación como Top Dowloaded Authors que o acredita como o artigo máis descargado en 2016 na revista Journal of Endocrinology, unha das principais publicacións de referencia neste eido.

    No Laboratorio de Endocrinoloxía da Universidade, dirixido polo catedrático Federico Mallo, levan anos traballando cun modelo experimental de ‘diabesidade’, termo empregado para referirse a aqueles pacientes con problemas de obesidade e diabetes tipo 2, dúas patoloxías intimamente relacionadas e para as que na actualidade apenas existen fármacos que teñan demostrado unha eficacia potencial, se ben nos últimos anos adquiriu un grande interese o estudo da neuroinflamación asociada a ambos trastornos.

    “A neuroinflamación é un proceso inflamatorio de baixo grao que se mantén de forma crónica, que afecta ao metabolismo periférico e tamén central e que acostuma relacionarse co desenvolvemento de enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer ou outro tipo de patoloxías relacionadas coa conduta emocional como a depresión”, explica a investigadora.

    No caso vigués trabállase cun modelo experimental de diabesidade, no que o que fan é reducir a achega calórica a ratas preñadas, o que provoca que as crías cando nacen presentan un menor peso e unha serie de características metabólicas e hormonais que as predispoñen ao desenvolvemento de diabetes e obesidade na idade adulta.

    “Ademais neste estudo nós demostramos que estas crías xa amosan un aumento do número de células gliales, e un incremento de marcadores inflamatorios no hipocampo en idades temperás, que poden contribuír ao desenvolvemento doutras patoloxías na idade adulta”, recalca a autora.

    No traballo que agora premia a Sociedade Europea de Endocrinoloxía a investigadora explica como tratan de forma preventiva ás ratas preñadas co liraglutide. “Os nosos resultados amosan que o tratamento das nais con este axente terapéutico revirte o efecto inflamatorio producido polo estrés perinatal nas crías, reducindo todos os marcadores de inflamación, diminuíndo o número de células gliales responsables da neuroinflamación e activando vías antiinflamatorias e neuroprotectoras do cerebro. Isto pon de manifesto a capacidade neuroprotectora deste fármaco e abre novas portas na investigación da neuroinflamación e os procesos metabólicos na diabesidade”, recalca a autora.

    De Vigo a Vigo, pasando por Bordeaux e Madrid
    Licenciada e doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo, Yolanda Diz Chaves traballou desde os inicios da súa carreira investigadora en diferentes proxectos de investigación nos que se abordaba a relación entre estrés e dieta no desenvolvemento da obesidade.

    Fíxoo no propio Laboratorio de Endocrinoloxía da Universidade de Vigo, no que se formou, pero tamén na francesa Universidade de Bordeaux, onde realizou a súa estancia de posdoutoramento, e tamén no Laboratorio de no Instituto Cajal de Madrid, Centro de Investigación en Neurobioloxía pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científica, onde traballou durante oito anos e lugar no que iniciou o estudo no modelo de estrés prenatal como modelo asociado a diferentes alteracións de conduta emocional e neuroinflamación.

    43

    RelacionadosArtículos

    Detenido en Vigo por agredir a su madre y amenazar a su hermano
    Local

    Da puñetazos y patadas a su madre septuagenaria, y la golpea con el mango de la escoba hasta doblarlo

    18 de Sep, 2025
    Detenido en Vigo por negarse a abandonar la habitación de un hotel y arrojar cocaína sobre cuatro agentes
    Local

    Detenido tras acuchillar con unas tijeras a un joven durante una reyerta en un bar del Arenal

    18 de Sep, 2025
    El Celta, y Afouteza, acaban de hacer historia
    Celta

    El Celta, y Afouteza, acaban de hacer historia

    18 de Sep, 2025
    Rueda vuelve a pedir en Vigo al Gobierno de España la reducción del IVA del pescado
    Local

    Rueda vuelve a pedir en Vigo al Gobierno de España la reducción del IVA del pescado

    18 de Sep, 2025
    El acusado de matar a su ex pareja delante de sus hijos en Baiona rechaza un acuerdo y renuncia a su abogado
    Baiona

    El acusado de matar a su ex pareja delante de sus hijos en Baiona rechaza un acuerdo y renuncia a su abogado

    18 de Sep, 2025
    Pálida llenará de música la presentación del Furiosa Fest
    Música

    Pálida llenará de música la presentación del Furiosa Fest

    18 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    Caballero envía a la Xunta el proyecto de las rampas de Gran Vía y advierte: «Ni se le ocurra paralizarlo»

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Vigo desde O Meixoeiro
    Más Vigo

    Vigo desde O Meixoeiro

    Esta es la vista de la ciudad de Vigo desde el complejo comercial de O Meixoeiro, similar a la que...

    por Julio Alonso
    17 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR