Segundo expuxo Abel Caballero, nestes momentos, a vía atópase «nun estado lamentable, polo que é imprescindible facer a humanización para que sexa unha rúa digna dos seus cidadáns», adiantando que a obra incluirá as redes de abastecemento, saneamento, augas pluviais e fecais, a renovación das calzadas, a rede de rego, as zonas verdes, o mobiliario, as papeleiras e que incluirá a instalación de luces led. Sinalou tamén que está previsto continuar a humanización nunha segunda fase na que o goberno municipal investirá unha cantidade similar á da primeira.