Aínda que en un primeiro momento a intención da Consellería de Educación era a de reducir o cupo de docentes en seis persoas e logo en cinco, o departamento autonómico adiantou que o recorte quedará en dous postos de traballo.
A CIG advirte de que a perda destes empregos “repercute negativamente no nivel de atención individualizado que a ESAD lle dá ao seu alumnado, elemento fundamental” para a formación práctica.
Este martes, a CIG-Ensino entrevistouse co subdirector xeral de Persoal da Xunta de Galicia para lle dar traslado da oposición do profesorado do centro e do propio sindicato a esta medida “tan regresiva” e á “redución paulatina de prazas que vén executando nestes últimos anos o goberno de Feijóo”.
O plataforma nacionalista tamén subliña que estes despedimentos inscríbense “no proceso de acoso á ESAD vinculado ao seu activismo na procura das adscrición á universidade”, ámbito cuxa regulación facilitaría unha xestión acaída para os centros de ensinanzas artísticas.