Segundo informaron este martes fontes do certame, este año crearonse 110 postos de traballo ao longo dos seus catro días de duración. Desa cantidade global, 41 persoas foron dadas de alta pola organización a través de contratación directa para cubrir tarefas como producción, cátering, merchandising, barras, transporte ou coordinación de diversas áreas.
Ademais, no tocante ao número de profesionais autónomos aos que o certame contratou os seus servizos, 19 persoas desenvolveron o seu traballo en labores como deseño, comunicación e redes sociais, fotografía, realización audiovisual ou como técnicos de proxección.
Igualmente, Cans destacou que outras 50 persoas traballaron a través de empresas contratadas especificamente para o evento, que desenvolveron as súas funcións en eidos como a iluminación, son, montaxe de carpas, limpeza e seguridade.
Emprego indirecto
No esforzo por mellorar a seguridade, a organización requeriu tamén os servizos de dúas empresas de seguridade privadas, ás que se lles contrataron 14 gardas de seguridade para o sábado e o domingo.
Igualmente, a afluencia de público fixo que os autobuses que a organización contratou para que a xente evitase desprazarse en coche ata Cans, transportasen un total de 3.000 persoas. Cada noite chegaron a funcionar ata tres autobuses, un deles un microbús adaptado para persoas con mobilidade reducida.
Aparte de dúas persoas contratadas directamente polo propio festival para limpar e desbrozar zonas de acceso público durante os 15 días previos á celebración do certame, outros doce operarios -contratados a través dunha empresa de limpeza privada- mantiveron limpo continuamente todo o perímetro do evento na zona central da aldea distribuídos en quendas de día e de noite.
Hostelería
Varias semanas antes do seu comezo do festival, cubriuse por completo a oferta hoteleira da zona, polo que numerosas persoas tiveron que buscar aloxamento en Tui, Ponteareas ou Vigo.
A raíz da gran afluencia de xente que visitou as actividades do xoves -arredor dunha 2.000 persoas-, enchéronse todas as terrazas e os locais de hostelería próximos á Praza do Concello do Porriño e, durante a fin de semana, todos os negocios de hostelería de Cans estiveron ateigados ata ben entrada a madrugada esgotando, en diversas ocasións, existencias de comida e bebida.