• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 13 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Silva insta á Xunta a comprometerse con Tui como eixo da Eurorrexión

    A presidenta da Deputación manifesta que “sería unha irresponsabilidade que as administracións non apoiasen proxectos en Tui e no Baixo Miño tendo en conta as súas enormes potencialidades”
    Redacción por Redacción
    09 de May, 2017
    en Tui
    0
    Silva insta á Xunta a comprometerse con Tui como eixo da Eurorrexión

    Unha das principais cuestións que se trataron no encontro foi o papel clave de Tui na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ao respecto, Carmela Silva manifestou que “sería unha irresponsabilidade que as administracións públicas non apoiasen proxectos en Tui e no Baixo Miño, tendo en conta a posición estratéxica e as enormes potencialidades de todo tipo que ten esta comarca, por iso, neste eido, tendes o compromiso absoluto do goberno provincial e fago un chamamento á Xunta e ó Goberno de España para que se sumen a nós”.

    Máis polo miúdo, Carmela Silva pediu que “o sur da provincia de Pontevedra e Tui como un dos seus núcleos principais, poidan ter as infraestruturas e proxectos que permitan converter a este territorio nun gran centro de desenvolvemento” e incidiu, entre outras cuestións, na saída sur ferroviaria Vigo-Oporto, “clave para Tui e por ende para a provincia de Pontevedra”.

    Durante a reunión tamén se falou dos proxectos que o concello de Tui está a levar a cabo coas achegas da institución provincial ao abeiro do Plan Concellos. Neste caso, Carmela Silva subliñou que este ano o orzamento para a vila supera o millón de euros, subindo un 6% con respecto ao 2016, cando as achegas xa subiran un 28% con respecto ao 2015. Amais, a Presidenta da Deputación manifestou que o ano pasado, xunto aos investimentos do Plan Concellos de preto dun millón de €, a institución provincial destinou “máis de 40.000 € en cultura, preto de 65.000 € en cohesión social, máis de 85.000 en deportes e apoios a clubs, preto de 60.000 € en promoción do emprego e de 2.000 € en igualdade”.

    Carmela Silva destacou o papel de Tui na promoción turística que a institución provincial está a desenvolver este ano e que xa se presentou en Pontevedra, Vigo, Madrid, mañá o fará en Lisboa e nos vindeiros meses en Andalucía. “Quero recordar – tal e como indicou Silva- que este ano un dos eixos promocionais é “Cruzando camiños” no que o Camiño Portugués Tradicional e Tui como o seu centro neurálxico son grandes protagonistas e teñen un papel fundamental”.

    Esta promoción do camiño tamén se levará a cabo, segundo adiantou a Presidenta da Deputación, nas casas galegas situadas en diferentes puntos da xeografía mundial, “para establecer relacións que nos permitan que as galegas e os galegos teñan un contacto permanente con nós, baseado no respecto e no moito que lles debemos, para que a través delas e deles se poida transmitir e coñecer o noso territorio”.

    E, xunto coas presentacións de destino e a presenza en casas galegas, outra das liñas promocionais do camiño e de Tui como corazón da ruta portuguesa tradicional é o patrocinio de series audiovisuais. Ao respecto, Carmela Silva subliñou que “xa o fixemos coa serie “O Final do Camiño” e o faremos con “Camiños de Irmandade” que se vai emitir proximamente na TVG e na RTP1 Portuguesa con nove episodios dos cales o número 8 transcorre en Tui, con imaxes da catedral, da ponte de ferro, do palco e terraza da Rúa Ordóñez, da beira do Miño…”.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pola súa banda, destacou que a Deputación de Pontevedra é a institución que máis está a investir no concello. En concreto, Cabaleiro manifestou que a través das achegas do Plan Concellos “estamos a levar a cabo investimentos na mellora dos espazos e equipamentos públicos, sobre todo os destinadas ao ensino, á cultura e á práctica de actividades deportivas xa que moitas infraestruturas se atopaban en situación precaria”.

    A Deputación de Pontevedra investiu no 2016 máis de 1,4 millóns de € en Tui, impulsando a posta en funcionamento de actuacións e proxectos entre os que se atopan as obras realizadas para manter e conservar o Centro Municipal de Remo, ás que a institución provincial destinou 35.000 € e que permitiron resolver os problemas de humidades e filtracións, así como a evacuación de augas pluviais e as gretas na súa fachada, e as melloras nas instalacións deportivas Álvarez Durán, ás que a Deputación achegou máis de 227.000 € a través dos cales se mellorou o céspede artificial e o perímetro do recinto.

    43

    RelacionadosArtículos

    Más de un mes sin recoger
    Más Vigo

    Más de un mes sin recoger

    13 de Dic, 2025
    Aparatoso accidente en Vigo con un coche empotrado contra el muro de una casa
    Sucesos

    Aparatoso accidente en Vigo con un coche empotrado contra el muro de una casa

    12 de Dic, 2025
    La Diputación destina 7 millones para impulsar el destino Rías Baixas, bienestar social y mejoras viarias
    Actualidad

    La Diputación destina 7 millones para impulsar el destino Rías Baixas, bienestar social y mejoras viarias

    12 de Dic, 2025
    Cuatro heridos en un accidente en la AP-9
    Comarcas

    Los bomberos liberan a un conductor que chocó contra un poste que cayó sobre la carretera

    12 de Dic, 2025
    Desarticulan en Vigo una banda colombiana que robaba a ciudadanos chinos dueños de bazares
    Sucesos

    Alerta sobre el aumento de ciberestafas relacionadas con criptomonedas en el área de Vigo

    12 de Dic, 2025
    El Concello advierte sobre el uso de petardos, bengalas y fuegos en las fiestas de Navidad de Vigo
    Local

    El Concello advierte sobre el uso de petardos, bengalas y fuegos en las fiestas de Navidad de Vigo

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    por Julio Alonso
    10 de Dic, 2025
    0

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    por María Alonso
    07 de Dic, 2025
    0

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    por Europa Press
    11 de Dic, 2025
    0

    Vigo gastará 150.000 euros en modernizar las «obsoletas» placas de 1.860 calles municipales

    Vigo gastará 150.000 euros en modernizar las «obsoletas» placas de 1.860 calles municipales

    por Redacción
    10 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Más de un mes sin recoger
    Más Vigo

    Más de un mes sin recoger

    Estos escombros que se observan en la imagen llevan varios meses abandonados. Están olvidados en la céntrica Avenida Camelias, de...

    por Julio Alonso
    13 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    Encaramos el final de este 2025 con unas cuantas novedades literarias de lo más interesantes. ¿Las repasas conmigo? 1) Historias...

    por Gabriel Romero de Ávila
    09 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza
    Opinión

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza

    Disclaimer. Si aún no has visto la película y tienes intención de verla, no sigas leyendo. Fui a ver esta...

    por Alba García Moreira
    09 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR