Un grupo de delegados sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas, tempo no que despregaron unha faixa na que se podía ler “Eroski represión. Non máis despidos” e berraron consignas contra a política da empresa de desfacerse do persoal con máis antigüidade para substituílo por novos/as traballadores.