O Concello de Baiona repartirá en total uns 1.500 caramelos aptos para celíacos nos máis de 2 kilómetros de percorrido da Cabalgata e Súas Maxestades os Reis entregarán un agasallo a cada neno que acuda a saudar.
A comitiva principal estará composta por sete carrozas, encabezada pola Rondalla de Freixo con máis de 70 participantes, seguida do Grupo de Bailes Giro’s de Baiña con 40 alumnos e da carroza do Club de Fútbol Sala de Baiña. A continuación, a Escola de Baile Marcando Pasos e a Escola Deportiva Sey cuns 100 integrantes en total, contando coa colaboración da Pedalería de Baiona e os seus triciclos tan característicos. Outro módulo, como xa é tradicional, será o da carroza do Futbol Club Erizana.
O percorrido previsto será o seguinte:
17:00h Sabarís: Saída da rotonda da urbanización Puente Romano percorrendo as principais rúas da parroquia de Santa Cristina, pasando por Julián Valverde, Porta do Sol, Avda Urbana ata chegar á praia de Santa Marta.
18:00h Baiona: A cabalgata partirá de Santa Marta e percorrerá as principais rúas da vila, pasando pola Avda. Monterreal, Álferez Barreiro, Paseo Elduayen, Ramón y Cajal, Marques de Quintanar para finalizar na Glorieta de Colón, tendo previsto que os Reis Magos baixen pola rúa Carabela Pinta ata o palco situado na alameda e poder recibir a todos los nenos que o desexen.