• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Balonmán base

    As seleccións galegas viaxan a Cataluña para disputar o Campionato de España

    Os equipos infantil, cadete e xuvenil masculinos e femininos participarán nesta competición do 2 ao 7 de xaneiro
    Redacción por Redacción
    30 de Dic, 2016
    en Balonmano
    0
    As seleccións galegas viaxan a Cataluña para disputar o Campionato de España

    Os combinados galegos viaxan coa máxima ilusión despois de varios meses de traballo preparando esta importante cita. Ademais este ano cambiouse o método de preparación, facendo máis concentracións, e os seleccionadores están moi satisfeitos porque “isto nos permite sacar máis rendemento aos adestramentos”, explican.

    A expedición galega está formada por máis de 120 persoas (deportistas, técnicos, fisios, árbitros e delegados) e partirán en tres autobuses dende Vigo, Pontevedra e A Coruña na madrugada do 31 de decembro ao 1 de xaneiro. En total participarán preto de
    2.000 deportistas, celebraranse 311 partidos, 7 cidades actuarán como sedes, haberá 16 pistas habilitadas (10 para os primeiros seis días de competición e o resto engadidas para o último día), un centenar de árbitros, outro centenar de voluntarios, prensa especializada, 6 hoteis para xogadores, organización e acompañantes.

    A competición comezará o día 2 e as seleccións galegas terán o seguinte calendario:

    Infantil feminino. Galicia, que o ano pasado foi sétima clasificada no Campionato de España, está incluída no grupo B xunto a Andalucía, Asturias e Madrid. O primeiro partido celebrarase o día 2 contra Asturias a partir das 11:15 horas. A seleccionadora Carla Abad destacou que “temos un bo grupo de xogadoras a nivel ofensivo, pero consideramos que temos algún problema
    a nivel defensivo no que estivemos traballando nas últimas semanas. Outro aspecto positivo é a velocidade da xogadoras, son moi rápidas e listas”. Carla é realista nos obxectivos: “O noso obxectivo principal é non descender, pero consideramos que a nosa selección debe optar a conseguir medalla”.infantil masculino

    Infantil masculino. O equipo galego, con Pablo Blanco coma adestrador, conforma o grupo A xunto a Castela e León, Euskadi e Madrid. Galicia debutará no torneo fronte a Euskadi (17:30 horas). O pasado ano, a nosa selección foi cuarta clasificada. O seleccionador destacou que “este ano atopámonos cun grupo de xogadores moi competitivos. Non nos falta calidade pero o máis destacable é a súa ambición natural en cada acción de xogo. Con respecto ao ano pasado perdemos altura co que tentamos implantar un sistema de xogo menos directo e mais elaborado”. Blanco explica que falar de obxectivos nesta categoría é moi complicado ao non contar con referencias doutros anos, pero “cremos que un obxectivo claro debería ser alcanzar as semifinais”. Como favoritos destacan Cataluña e Madrid, mentres que Castela e León e Canarias parece que melloraron.CADETE FEMININO2

    Cadete feminino. Nesta categoría Galicia comezará na Copa de España, polo que o primeiro obxectivo sería acadar o ascenso. Javier Castro é o seleccionador do equipo cadete feminino que debutará o 2 de xaneiro contra A Rioxa (13:00 horas). “Os nosos principais rivais serán A Rioxa e despois supoño que Aragón. Esa ten que ser nosa realidade; máis adiante oxalá nos teñamos que preocupar por rivais que estarán a xogar no Campionato de España”, explicou o seleccionador, que destacou tamén que “temos un grupo rápido e cunhas características moi boas, acorde coa idade que teñen. No aspecto negativo, vexo que somos un grupo que non está afeito a fallar, polo que haberá que ver como responden ante situacións adversas”.CADETE MASCULINO2

    Cadete masculino. O equipo galego enfrontarase a Madrid, Castela e León e Asturias no grupo A. O primeiro partido será contra Asturias o día 2 (17:30 horas). No 2016, Galicia logrou o oitavo posto no Campionato de España disputado en Almería. O adestrador cadete masculino é Sergio Carballeira. Carballeira destaca do seu equipo “o carácter competitivo, que lles fará disputar os partidos a calquera. Os aspectos máis positivos son que todos disputan un posto, hai 2 ou 3 xogadores que marcan diferenzas pero todo o que vén por detrás tamén ten un gran nivel e seguro que non se notan moito as rotacións,todos achegan as súas virtudes en beneficio do equipo”. No aspecto negativo, indica que “o feito de que os xogadores pertencen a moitos clubs diferentes, pode ser un hándicap”. Cataluña, Valencia, Andalucía e Madrid parecen os grandes favoritos, pero o técnico galego aposta forte: “O gran obxectivo é conseguir medalla. O equipo está a prepararse para xogar a final e logo a competición poranos no noso lugar, pero a mentalidade está en gañar todos os partidos”.XUVENIL FEMININO

    Xuvenil feminino. A selección xuvenil feminina, dirixida por Javier Luengo, comezará a competición na Copa de España despois do descenso do pasado ano. Galicia forma parte do grupo B, xunto a Aragón, Navarra e Murcia. Debutarán o día 2 (17:30 horas) contra Aragón. O técnico destacou o bo traballo do grupo, aínda que tiveron moitas lesións durante a preparación. Javier explicou que “a unidade e o traballo constante son os puntos máis destacado do noso grupo, mentres que o aspecto negativo son as lesións que sufrimos”. O obxectivo está moi claro: “Ser primeiros do noso grupo e subir ao campionato. Para iso debemos gañar a todos os nosos rivais, sabendo que temos un grupo moi equilibrado”. En principio, Navarra e Aragón parece os equipos máis duro do grupo de Copa.XUVENIL MASCULINO

    Xuvenil masculino. Galicia forma parte do Grupo B xunto a Castela a Mancha, Madrid e Andalucía, un grupo duro. O primeiro partido será contra Madrid o día 2 (15:45 horas). Adestrador: Samuel Iglesias. No campionato do pasado ano, Galicia foi quinta clasificada. Samuel destacou como os aspectos máis positivos “o grupo humano. Somos unha piña e debemos de crecer en base a iso, apoiándonos uns noutros. Aproveitando que o campionato é en Girona podería comparar o noso equipo cos Castellers. Aínda por riba levamos gran cantidade de xogadores de primeiro ano o que lles fará adquirir un plus de experiencia e moi intelixentes á hora de tomar decisións….o plano negativo quizais sexa a talla xa que non contamos con grandes baluartes físicos”. A pesar de recoñecer a dificultade, o seleccionador quere ser ambicioso: “O obxectivo nunca pode ser outro que gañar. Pero empezaremos cos pés no chan….Non hai rival pequeno e o chan debémolo de marcar en salvar a categoría. A partir de aí, onde nos leve a ilusión e o xogo que poidamos despregar que oxalá sexa a volver a Galicia con algo colgando ao pescozo”.

     

    43

    RelacionadosArtículos

    El regreso de la Solitaire du Figaro a Vigo: la élite del mar vuelve a las Rías Baixas en mayo
    Náutica y Vela

    Vigo recibirá a la élite de la vela mundial con el regreso de tres campeones a la Solitaire du Figaro

    31 de Ene, 2026
    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia
    Solidaridad

    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia

    31 de Ene, 2026
    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos
    Celta

    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos

    31 de Ene, 2026
    El desarrollo que Vigo busca en Alfageme: «Espacio público igual que el Pazo da Raposeira o la Casa Patín»
    Local

    La Xunta condiciona el plan residencial de Alfageme

    31 de Ene, 2026
    Carnaval, electrónica y el rito del baile
    Música

    Carnaval, electrónica y el rito del baile

    31 de Ene, 2026
    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»
    Local

    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»

    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR