• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 10 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine

    Fin da rodaxe da serie “O final do Camiño” en escenarios da provincia de Pontevedra

    A Deputación colabora coa serie televisiva que foi rodada en varios concellos de Pontevedra e será unha das estreas do “prime time” de TVE e a TVG no próximo ano 2017
    Redacción por Redacción
    28 de Dic, 2016
    en Cine
    0
    Fin da rodaxe da serie “O final do Camiño” en escenarios da provincia de Pontevedra

    A colaboración da Deputación está baseada nas novas estratexias turísticas do goberno provincial porque nesta serie, de oito capítulos duns 70 minutos de duración cada un, a provincia de Pontevedra é o escenario protagonista xa que se rodou principalmente en localizacións de concellos como Silleda, Lalín, A Estrada, Forcarei ou Vila de Cruces. De feito ao acto asistiron o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro.

    O evento serviu para celebrar a fin da rodaxe co equipo de produción, técnico e artístico da mesma. Tamén se proxectou unha peza audiovisual na que se mostraron os enclaves das Rías Baixas nos que se gravou a serie, tanto imaxes dos propios espazos como do proceso da gravación, así como o tráiler promocional, e houbo ademais música en directo a través da actuación en formato acústico do grupo de electrónica pop “Antifrágil”.

    Na súa intervención, a presidenta Carmela Silva sinalou que a presentación desta serie “é un final extraordinario para un ano turístico excelente en Rias Baixas” e que a colaboración da Deputación con “O final do Camiño” é só a primeira das actuacións para 2017 que busca abrir novas vías, máis modernas e vangardistas para destacar as potencialidades da provincia. A presidenta resaltou que centos de miles de persoas van ver esta serie coas súas localizacións na provincia de Pontevedra “e iso ten unha enorme capacidade de atracción turística. De feito os países con mais tradición turística de calidade e nivel o que fixeron foi traballar para que os seus territorios fosen escenarios de series e documentais”. Así mesmo Silva destacou a achega cultural da serie, centrada no Camiño de Santiago. “Fala de nós, do que somos, da nosa cultura. Dar a coñecer todo o armazón de algo que tanto nos identifica é fundamental”. A presidenta provincial tamén lembrou que este tipo de iniciativas ten un elemento de valor engadido. “É a autosatisfacción. Os galegos tiñamos unha eiva, agora cada vez menos, que era non sentirnos orgullosos do noso. Temos unha longa extraordinaria e potentísima historia que fixo que Santiago fose un territorio dunha enorme puxanza tanto a nivel relixioso, como económico e sociolóxico”

    Non acto tamén interviron os produtores e directores da serie ademais da actriz Fina Calleja, e o actor Antonio Durán Morris. que falaron en nome de todo o elenco artístico que se desprazou a Pontevedra

    “O final do Camiño” (“El final del Camino” na súa emisión na televisión pública estatal) está dirixida a un público familiar e producida pola firma Voz Audiovisual. Baixo o patrocinio de Turismo Rías Baixas, a emisión desta serie contémplase por parte da Deputación de Pontevedra como un escaparate turístico da provincia, xa que nesta produción poderanse ver paisaxes de Silleda, Lalín, Xestoso, Forcarei, a canteira de Rosende, a canteira de Vila de Cruces, os mosteiros de Carboeiro e Aciveiro, apraia fluvial de Siro, o Pazo de Outeiro en Vilatuxe, a fervenza de Escuadro, Vila de Cruces, Campomarzo, Ansemil, Carballeira da Barcia e o Castro da Estrada, entre outros.

    Ademais empregáronse as instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, onde se recreou a Compostela medieval e as obras de construción da catedral cun set de gravación de 2.500 metros cadrados. Na serie participan actrices e actores como Antonio Durán ‘Morris’, Fina Calleja, TitoAsorey, DeborahVukusik, Xavier Deive, Fernando Morán, Carlos Villarino, Manuel Regueiro (que estiveron todas elas e eles presentes no acto), Antonio Velázquez, Javier Rey, Maxi Iglesias, Begoña Maestre, Guillermo Barrientos, Cristina Castaño, Asier Etxeandia, Ismael Martínez, Juan Fernández, Joan Massotkleiner, Manuel de Blas, Jaime Olías, Patricia Peñalver ou Paco Manzanedo.

    A serie xa comezou coa súa campaña de promoción, que se pode ver en televisión, e tamén se presentou en festivais como os de Cannes ou Miami. Con doses de loitas de poder, intrigas, historias de amor e desamor, asaltos e batallas, o comezo da historiasitúase no ano 1065 –dez anos antes do inicio das obras da nova catedral compostelá– e vertébrase arredor do Camiño de Santiago.

    A Deputación de Pontevedra,a través de Turismo Rías Baixas,patrocina esta produción ao considerar que os patrocinios de series de éxito, películas, producións audiovisuais e, en definitiva, da industria cinematográfica, son actualmente ferramentas fundamentais para achegar escenarios ás espectadoras e espectadores televisivos e convidalas e convidalos a coñecelos. Esta é unha estratexia empregada habitualmente por diversos destinos turísticos, especialmente aqueles con maior proxección, que acada excelentes resultados a longo prazo.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Local

    Vigo desde el cielo: 80 años del Vuelo Americano que retrató la ciudad por primera vez

    10 de Nov, 2025
    An Alfaya, Premio Laxeiro 2026
    Cultura

    An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

    10 de Nov, 2025
    Piden más de 4 años de cárcel por masturbarse frente a una menor en una calle de Vigo y tocarla
    Local

    Prisión por comprar una empresa y dejar sin pagar 1,5 millones de su valor, que deberá abonar ahora

    10 de Nov, 2025
    La Navidad de Vigo se despide con aluvión de rebajas, atascos y niebla: horario y dónde ver el apagado
    Local

    La Navidad de Vigo arranca con una ocupación hotelera récord: «El fenómeno turístico más importante de Galicia»

    10 de Nov, 2025
    Caballero anuncia que icono de la Navidad de Vigo se renueva (y se acuerda de la Xunta)
    Local

    Caballero anuncia que icono de la Navidad de Vigo se renueva (y se acuerda de la Xunta)

    10 de Nov, 2025
    Una mancha de sangre en el marco de su puerta desmiente al acusado por el crimen de Coia
    Local

    Condenado a 13 años y medio de cárcel el autor del crimen de Coia, por asesinato y tenencia ilícita de armas

    10 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    Una operación inédita y milimétrica ha botado un visor submarino único en España a la Ría de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El Sireno como símbolo de Vigo
    Más Vigo

    El Sireno como símbolo de Vigo

    La impresionante estatua de Francisco Leiro conocida como El Sireno, y ubicada en la Porta do Sol de la ciudad...

    por Julio Alonso
    10 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR