O auditorio do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo acolleu a noite do mércores a gala de entrega dos premios Vigo Histórico. «Nunha maleta caben todos os ventos», de Mª Carmen Pereiro Oliveira, foi o relato gañador da terceira edición do certame organizado pola Editorial Elvira e patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa Tressis.
Os concelleiros Cayetano Rodríguez, Carlos López Font e Ángel Rivas participaron na gala dirixiada polo responsable da Editorial Elvira, Javier Romero, e na que tamén presentouse a terceira edición de «Relatos na Rúa», unha recopilación dos textos gañadores e outros relatos elexidos polo xurado.
En total presentáronse 203 traballos, pero non foron admitidos 33 por non cumprir as bases do concurso (principalmente por non desenvolverse a acción na cidade de Vigo). Desta forma, dos 170 relatos admitidos, 136 foron escritos en castelán e 34 en galego. En canto a xénero, bastante igualdade, aínda que houbo máis participación masculina: O 57 por cento dos candidatos ao premio son homes e o 43, mulleres.
Sobre a procedencia dos relatos, houbo participación de case todas as comunidades autónomas, aínda que por suposto Galicia é a que conta con maior participación, e de forma moi especial Pontevedra e a cidade de Vigo. Ademais, recibíronse relatos de diferentes países, cunha maior presenza de países latinoamericanos. Así hai relatos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Chile, Nicaragua, Colombia, República Dominicana, Costa Rica e Holanda.
O xurado desta terceira edición do certame está formado polo pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a filóloga e mestra Concepción Varela Portela, o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, a xornalista Noelia Otero Lago, a filóloga e documentalista Sonia González López e o profesor e escritor Julio Alonso, tendo este ano a insubstituíbel ausencia de Carlos Oroza.
O tema do relato é libre, pero a acción debe desenvolverse na cidade de Vigo. Hai un primeiro premio de mil euros -dos que se deducirán automáticamente as retencións que estipula a lei- para o gañador e ata 5 accésits de 200 euros cada un, coas deducións correspondentes.
RELATOS PREMIADOS III CERTAME VIGO HISTÓRICO
Primeiro premio:
«Nunha maleta caben todos os ventos», de (Mª Carmen Pereiro Oliveira)
Accésits:
«Sereo», de Pilar Ortega Pereiro.
«Xente do mar», de Lidia Gregorio Selas.
«El florón», de María Comesaña Romero.
«Charcos», de Miguel Pereira Rodrigo.
«La chica del violonchelo», de Urbano Barrios Santamaría.