• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 2 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra terá un orzamento no 2017 de 152,4 millóns

    A presidenta e o vicepresidente , Carmela Silva e César Mosquera, presentan os catro eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial
    Redacción por Redacción
    16 de Nov, 2016
    en Nigrán
    0
    A Deputación de Pontevedra terá un orzamento no 2017 de 152,4 millóns

    A Presidenta destacou que o orzamento é o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial no que son catro os eixos principais que vertebran a xestión da Deputación de Pontevedra: os concellos, o emprego, a igualdade e a cohesión social.

    .O vicepresidente César Mosquera sinalou, pola súa banda, que o feito de que a Deputación sexa a primeira institución da provincia que presenta os orzamentos para o ano 2017 é unha demostración de que o goberno ten “unha saúde de ferro”, así como indicador de “solvencia, boa xestión e facilidade de entendemento”.

    En canto ó primeiro obxectivo, os concellos, Carmela Silva subliñou que o novo goberno da Deputación “recuperou o protagonismo dos concellos, cun trato de igual a igual, de colaboración, apoio e asistencia no desenvolvemento das súas competencias, respectando sempre a autonomía local e baseado na cooperación municipal para garantir a sustentabilidade económica-financiera dos mesmos”. Silva engadiu que “no 2017, ó igual que no 2016, non vai haber reparticións discrecionais senón criterios obxectivos, claros e transparentes”.

    Neste contexto, o Plan Concellos 2017 contará cun orzamento de 41,2 millóns de €, 1,2 millóns de € máis, para garantir a sostenibilidade económica dos concellos con menos de 50.000 habitantes, “ó que – tal e como engadiu Silva – hai que sumar todo o financiamento das diversas áreas que repercuten directamente nos mesmos. De feito, o 27% do total de gastos do orzamento da Deputación no 2017, un 1% máis que no 2016, destínase directamente ós concellos e o Plan Concellos triplica esta media”.

    Como novidade, este ano contémplanse máis recursos para os concellos máis pequenos. A Presidenta da Deputación manifestou ó respecto que “se ben no 2016 se destinaba un 30% ós concellos de menos de 10.000 habitantes, un 40% ós de entre 10.001 e 20.000 e un 30% ós de entre 20.001 e 50.000, no 2017 o reparto será do 40% para os concellos de menos de 10.000 habitantes, do 35% para os que teñan entre 10.001 e 20.000 e o 25% para aqueles que teñan poboacións comprendidas entre os 20.001 e 50.000 habitantes”.

    Así mesmo, Mosquera destacou que se están a cumprir os compromisos adquiridos cos concellos porque “temos un programa de goberno que marca a nosa folla de ruta que imos executando cos orzamentos de cada ano”. Nese sentido, o nacionalista recoñeceu que as contas para 2017 son “profundamente continuístas” porque buscan a aplicación duns eixos de goberno polos que se aposta claramente: “Malo sería se houbera un cambio de liña, xa que remataría todo nun desastre. Estamos contentos de ir resolvendo os problemas que nos transmiten os concellos e seguiremos sendo continuístas en que non haxa fondos de libre disposición e en desenvolver a estratexia de turismo, compostaxe ou mobilidade, porque atenden necesidades”.

    En demostración do compromiso do goberno provincial cos concellos, Mosquera explicou que deixando a un lado os gastos propios de persoal (nóminas), o gasto corrente (luz, auga, pago de facturas), fondo de continxencia e pago de débedas -que supoñen 80 millóns de euros-, a institución provincial dispón de 70 millóns para organizar e distribuír. “Hai 28 millóns en transferencias correntes e 32 de transferencias de capital para os concellos. É dicir, 60 millóns van para os concellos e o gasto propio queda en apenas dez millóns para actuacións de Mobilidade e seguranza viaria nas estradas de titularidade provincial. De 70 dispoñibles, 60 van aos concellos: máis imposible, xa que só quedarían non pagar a luz para poder aportar máis aos municipios. Son cifras ‘gordas’ e inapelables”, salientou.

    Tamén se incrementan os recursos para axudar ós concellos na sustentabilidade do seu medio natural, destinado case 4 millóns de € para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros, para a mellora dos montes e dos sistemas produtivos agropecuarios e pesqueiros. Silva manifestou que “ampliamos nun 44,2% as axudas para acompañar ós concellos na formación, orientación e despegue destes traballos, con persoal experto pero tamén con recursos económicos necesarios. Amais, a investigación que se desenvolve en Mouriscade e Areeiro recibirá un 1,3% máis de financiamento que no 2016”.

    En canto á asistencia municipal, destinarase un 89% máis para ampliar os medios humanos e materiais para que os concellos poidan avanzar nas prestacións de servizos e xestionar administrativamente nas mellores condicións. Tamén se investirá un millón de € no programa de anticipos que seguirá sen xuros e sen comisións.

    O segundo dos obxectivos da Deputación é o fomento do emprego e da actividade económica. Neste eido, as liñas para o fomento do emprego medran o 6,34% ata acadar 4,1 millóns de € ós que hai que engadir 9 millóns destinados ó emprego a través do Plan Concellos. En total, tal e como deu a coñecer a Presidenta da institución, “falamos de 13 millóns de €, o 8,5% do orzamento, para o fomento do emprego e a aposta pola formación e inserción laboral, ós que hai que engadir máis dun millón de euros para a modernización, innovación e maior competitividade das pemes da provincia e 500.000 € para rematar as infraestruturas de solo industrial e dotar ós polígonos de Barro e Lalín de maior atractivo para a implantación de empresas”.

    Carmela Silva tamén informou que 16,2 millóns de e se destinarán á mell0ra das infraestruturas provinciais, dotando de maior accesibilidade á provincia e de estradas de calidade para a veciñanza.

    En canto ó turismo, a Deputación de Pontevedra destinará 4 millóns de euros, un 10,7% máis que no 2016, a apostar por esta actividade para, en palabras de Silva, “continuar reforzando un modelo de atracción turística que permita o desenvolvemento económico da provincia”.

    O terceiro obxectivo dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade, co fin de incrementar estruturas que desenvolvan políticas de igualdade e xeren recursos suficientes para o seu funcionamento. A Presidenta da institución provincial fixo fincapé en que “a igualdade entre mulleres e homes é unha das liñas de actuación prioritaria do goberno, xa o demostramos coa creación do servizo de igualdade pero agora queremos reforzar os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016, para incorporar o principio de igualdade como un factor de cohesión social”.

    O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.

    En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento. Pola súa banda, o deporte recibirá máis de 4 millóns de €, un 47% máis que no 2016.

    Para finalizar, o vicepresidente manifestou a súa esperanza por que se consolide a liña de traballo do actual goberno, apostando por proxectos e financiamento claros, “e que os cantos de serea” que piden un cambio para “que se volva a funcionar cos cheque non volvan”. “Os cartos son dos cidadáns e nós estamos de paso. Temos que gastalos para maior aproveitamento e beneficio dos administrados”, insistiu.
    Mosquera rematou a súa intervención cun “Parabéns, presidenta!” en recoñecemento do traballo e o acordo polos orzamentos, palabras que foron seguidas dun apertón de mans entre ambos dirixentes.

    En conclusión, e en palabras da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “este orzamento e estes obxectivos, que veñen a incrementar as políticas dirixidas ás persoas, se poden resumir nun 30% do orzamento do gasto destinado ós concellos, con 41,2 millóns máis 3,3 millóns en liñas de axuda noutras áreas; nun 22,6% ó emprego, actividade económica e infraestruturas, con 34,5 millóns dirixidos a este fin; e 32,4 millóns para a igualdade, cohesión social, cultura, xuventude e deportes, un 21,1% do orzamento. En total, o 85,6% do orzamento de gastos da Deputación de Pontevedra no 2017 destinarase a estes grandes obxectivos globais”.

    Amais, Silva engadiu que “para poder facer fronte a este grande reto e como mostra da xestión desenvolvida durante este ano, os servizos de xestión da administración provincial fixeron un notable esforzo reducindo os seus gastos en 5,5 millóns de €”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Operativo relámpago de la Policía para evitar el colapso en Vigo: coches y un bus aparcados a la salida del túnel
    Local

    Casi dos millones de euros para la concesionaria del servicio de grúa

    02 de Ene, 2026
    Cabalgata Internacional de Reyes, magia en la frontera
    Tui

    Todo listo para una de las cabalgatas más especiales de toda Europa

    02 de Ene, 2026
    En Colectivo ve «inaceptable» la subida de peajes en una AP-9 «ilegal» y exige anular la concesión
    Actualidad

    En Colectivo ve «inaceptable» la subida de peajes en una AP-9 «ilegal» y exige anular la concesión

    02 de Ene, 2026
    Local

    «Vuelva usted mañana», definición de la política de vivienda del Gobierno de Abel Caballero

    02 de Ene, 2026
    Cuenta atrás para la Cabalgata de los Reyes Magos de Vigo: dos versiones y 11 carrozas
    Local

    Cuenta atrás para la Cabalgata de los Reyes Magos de Vigo: dos versiones y 11 carrozas

    02 de Ene, 2026
    El colegio Carballal-Cabral tendrá instalaciones renovadas este año: se licita la obra por casi 520.000 euros
    Local

    El colegio Carballal-Cabral tendrá instalaciones renovadas este año: se licita la obra por casi 520.000 euros

    02 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Corte de tráfico en el centro de Vigo para dar paso a la carrera que despedirá el año

    Corte de tráfico en el centro de Vigo para dar paso a la carrera que despedirá el año

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Fin al abandono de cuatro parcelas en pleno Casco Vello de Vigo: serán 5 viviendas (dos dúplex) con jardín privado

    El Casco Vello de Vigo empezará 2026 con una nueva obra: un lujoso complejo con 5 viviendas y jardín privado

    por María Alonso
    30 de Dic, 2025
    0

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Averías en Navidad
    Más Vigo

    Averías en Navidad

    Esta fotografía fue tomada el pasado viernes 26 de diciembre a las doce de la noche. Se trata de las...

    por Julio Alonso
    02 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido
    Más Vigo

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido

    Esta es la historia de Manuel Alvarez e Hijos, S.A., cuya planta principal en Vigo era conocida como "La colmena...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Feb, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en diciembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en diciembre que no te puedes perder

    Llegan las Navidades, con sus regalos y cenas, y aún nos quedan novedades literarias para el último mes del año....

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR