• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 26 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O orzamento de Mos para 2017 ascende a preto de 10 millóns e será aprobado este mes

    Un millón de euros vai destinado á partida de benestar social, que é a que máis se incrementa ascendendo en 200.000 euros
    Redacción por Redacción
    11 de Nov, 2016
    en Mos
    0
    O orzamento de Mos para 2017 ascende a preto de 10 millóns e será aprobado este mes

    Nidia Arévalo destacou que “presentamos un ano máis en tempo e forma, e antes do inicio do novo exercicio económico, o orzamento local anual. Este é o noveno presuposto que elaboro como rexedora municipal e se repite, por novena vez consecutiva, o feito de presentalo en tempo e forma antes do inicio do novo exercicio. E é que os nove orzamentos elaborados por este Concello sendo eu alcaldesa presentan tres constantes fundamentais que se repiten en todos e cada un deles, incluído este último, e que son: a súa presentación antes do inicio do exercicio económico correspondente, que se trata dun documento que só contempla os ingresos reais e que non inclúe ningún tipo de operación de préstamo bancario”.

    Destacou, en primeiro lugar e en relación con estas tres constantes, as medidas de aforro que dende o equipo de goberno local adóitanse para reducir a débeda municipal (A débeda no orzamento do 2017 redúcese en máis dun 10% respecto do 2016). Entre ditas medidas, mencionar que no orzamento de 2017 (ó igual que nos outros oito precedentes) non haberá operacións de préstamo para financiar o plan de inversións municipal, senón que manteranse os esforzos por acadar axudas en forma de achegas económicas doutras administracións.

    Salientou tamén que o orzamento de 2017 é un presuposto realista no que non se vai realizar ningunha operación de crédito, no que se contemplan os ingresos que corresponden, non se gasta por riba das posibilidades reais, e destaca sobre todo o orde e a austeridade para equilibrar a balanza entre os capítulos de gastos e ingresos. Polo tanto, insistir en que o capítulo de ingresos tan só contempla os ingresos reais e está avalado polo Informe de Intervención.

    Apuntou a continuación que a elaboración do orzamento para o ano 2017 vínculase novamente á austeridade do gasto público de xeito que se eliminan os gastos innecesarios, sen que en ningún caso se vexan afectados o gasto social, que se incrementa en case 200.000 euros respecto de 2016 acadando a contía dun millón de euros; sendo, sen dúbida, a partida que máis crece no presuposto de 2017.

    En canto ó referido gasto en Benestar Social, nela inclúese a construcción da nova Escola Infantil da Veigadaña (80.000 euros) e auméntase un día máis á semana o servizo que AFAGA presta no Centro de Día de Petelos a maiores enfermos de Alzheimer e outras demencias (para tal incremento dótase esta partida en 8.000 euros máis, ata acadar os 25.000 euros), así como potenciar o servizo de Axuda no Fogar (cuxa partida se incrementa en 146.000 euros e alcanza o total de 548.000 euros por novas altas de usuarios). Tamén se creou unha nova partida para equipamento de vivendas sociais que ascende a 8.500 euros.

    No caso do departamento de participación cidadá increméntase en 7.000 euros a partida do ‘Programa Maiores’ ata chegar ós 17.000 euros.

    En materia social estableceranse bonificaciones e facilidades de pago de impostos e taxas municipais a persoas con necesidades especiais (usuarios dos Servizos Sociais municipais, familias numerosas, etc.).

    No orzamento municipal do ano 2017 o goberno local segue apostando polo fomento do emprego, materia na que o Concello de Mos investirá un total de 220.000 euros para destinar, entre outras iniciativas, a un novo plan de emprego e dous obradoiros de emprego.

    Unha inversión importantísima, dos case 10 millóns de euros ós que ascende o orzamento municipal para 2017, irá destinada á mellora de servizos municipais tales coma limpeza viaria e mantemento de zonas verdes e parques e xardíns cunha partida que acada a contía total de 400.000 euros. E é que esta constitúe a maior demanda veciñal, polo que se dota esta partida con case medio millón de euros para dar resposta aos veciños.

    Priorizarase a instalación de rego automático en todos os espazos verdes. Tal é a prioridade que se lle dá dende o Concello a estas melloras que, para que poidan ser iniciadas a data 1 de xaneiro de 2017 e todo se atope en perfectas condicións no mes de marzo do ano que ven, estase a realizar a tramitación anticipada da contratación das mesmas pero con cargo ó novo orzamento.

    E poténciase tamén no orzamento do 2017 o Servizo de Transporte cunha partida de 60.000 euros que contempla tanto o Transporte Urbano de Mos, que comezou a funcionar o pasado 24 de outubro, coma o Transporte Metropolitano.

    No apartado de obras de mantemento e conservación de estradas dótanse 850.000 euros. Cantidade que dende o goberno consideran necesaria para manter en óptimas condicións as infraestruturas municipais. Esta partida dará así resposta ao plan anual de mantemento que cada ano pónse en marcha para dar resposta ás necesidades locais e demandas veciñais.

    Destacar en materia de cultura e educación, que se incrementa a partida para subsanar as deficiencias causadas polo abandono da administración local a numerosos colectivos e entidades mosenses, tal é o caso da Escola de Música-Conservatorio de Torroso. Deste xeito, a subvención municipal para a Escola de Música pasa de 40.000 euros a 45.000 euros en 2017; e contémplase tamén unha partida destinada a Asociacións Veciñais.

    En deportes auméntanse en case 62.000 euros a partida total. Pasando de 421.297,56 euros en 2016 a 482.683,07 euros en 2017. Auméntanse neste sentido cada unha das partidas dirixidas aos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Louro-Tameiga.

    E o máis salientable é a creación de catro novas subvencións deportivas para o Fútbol Sala Concello de Mos, Mos Feminino, Clube Tiro Con Arco e Clube Ciclista Avance. Ademais da partida para mellora de equipamentos deportivos.

    Todo isto no capítulo de gastos, mentres que no capítulo de ingresos: increméntase en 400.000 euros o IBI (Imposto de Bens Inmobles) como consecuencia das novas revisóns de altas que se están a levar a cabo, increméntase tamén a subvención da Xunta de Galicia para servizos sociais en 50.000 euros; e axústanse previsións á alza e baixa (pequenos axustes) en función dos datos liquidados.

    En xeral o orzamento de 2017 caracterízase polo aumento da maioría das partidas, a continuidade da amortización da débeda e a contención do gasto.

    Arévalo rematou informando tamén de que “por suposto estou a realizar a miña ronda anual de finais de ano polas administración supramunicipais para xestionar o plan de axudas ao Concello de Mos que nos permitiron, dende que son alcaldesa, non ter que recorrer a ningunha operación de crédito bancario e, polo tanto, ir reducindo progresivamente, ano a ano, a débeda municipal”.

    A alcaldesa rematou anunciando que o documento definitivo do orzamento de 2017 será aprobado no Pleno do presente mes de novembro, antes de finais de ano como ven sucedendo dende que ela é alcaldesa; e segundo considera “como debe de ser pois os orzamentos municipais teñen que ser aprobados en tempo e forma”, concluiu.

    43

    RelacionadosArtículos

    Abel Caballero se subirá un 8% su sueldo: 6.000€ más que en enero de 2025
    Local

    Fallece Gonzalo Caballero Álvarez, padre del exlíder del PSdeG y hermano del alcalde de Vigo

    26 de Dic, 2025
    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    26 de Dic, 2025
    Letreros de Año Nuevo DIY grabados con láser para renovar tu hogar
    Ciencia y Tecnología

    Letreros de Año Nuevo DIY grabados con láser para renovar tu hogar

    24 de Dic, 2025
    El gigante que no duerme: viaje a las entrañas de Eiras, la fortaleza que calma la sed de Vigo
    Local

    El gigante que no duerme: viaje a las entrañas de Eiras, la fortaleza que calma la sed de Vigo

    23 de Dic, 2025
    A Belén se llega a través del Camino Portugués por la Costa
    Gondomar

    A Belén se llega a través del Camino Portugués por la Costa

    23 de Dic, 2025
    La Policía Nacional convierte en agentes por un día a los niños hospitalizados en Vigo
    Local

    La Policía Nacional convierte en agentes por un día a los niños hospitalizados en Vigo

    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    El pasado 15 de diciembre se presentó en la quinta planta de El Corte Inglés, de Vigo, el libro de...

    por Julio Alonso
    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR