O deportista e técnico Roberto Estévez Álvarez (Vigo, 1967, Club Ciudad de Vigo) acadou a medalla de ouro na categoría C en 69 kg, sendo esta medalla de ouro a primeira da historia de España na categoría máster. Roberto venceu en primeira rolda a Lorenzo Carieri (ITA) por un contundente 10-0, para enfrontarse en segunda rolda a Gheorghe Bistritchi (MDA), ó que gañou por un apertado 3-0, acadando de este xeito o pase a final, na que venceu ó estadounidense Stephen Horton (EEUU) por 11-2 e tocado, acadando así a medalla de ouro.
Por outra banda, Miguel Casqueiro (Vigo, 1978, Club Ciudad de Vigo) acadou a medalla de bronce na categoría A en 63 kg. Miguel caeu en primeira rolda ante Donawan Davel (RSA) por un apertado 3-0, na segunda rolda enfrontouse a Arthouros Kalpatsanidis (GRE) e gañou por 10-0 e na rolda final da súa categoría impúxose pola medalla de bronce o xaponés Kenji Oishi por un apertado 6-4.
Pablo Pintos (Vigo, 1978, Club Loita Lugo) finalizou en 8º posición o caer en primeira rolda fronte a Gankhuyag Dorlig (MGL) por 5-0 e quedou afastado da repesca o finalizar o loitador de Mongolia na 3ª posición.
Esta é a primeira vez na historia que o deporte galego ten representación no Campionato do Mundo máster en loita libre olímpica e tras os resultados obtidos serán mais os deportistas que podan acudir os próximos Mundiais que terán lugar en Bulgaria o vindeiro ano.